Normalización Lingüística

Actividades realizadas para a Normalización Lingüística do Centro.

TEATRO ESCOLAR " OLIMPIO ARCA CALDAS"

 Participamos na terceira edición da Mostra de Teatro Escolar “Olimpio Arca Caldas” Alumnos/as de 4º Representaron: "O Merlo Branco" (adaptación da obra de Cándido Pazó).

FESTA DA POESÍA

Participamos na festa da poesía da Estrada onde un alumno e unha alumna de 6º curso leron poemas.

FESTA DA POESÍA

Participamos na festa da poesía da Estrada onde un alumno e unha alumna de 6º curso leron poemas.

A ESTRADA MICOLÓXICA

  Participamos no concurso escolar de debuxo convocado por A Estrada Micolóxica.

 Paula foi finalista e recibiu un agasallo xunto con alumnas de outros centros do concello.

PARABÉNS!

O Club da Lingua

Este curso repetimos experiencia co Club da lingua ,onde un grupo de profesores/as fixemos diferentes actividades ( teatro,poesías,cómics...)   traballamos con alumnas/os que voluntariamente se anotaron facendo un total de 125.Ao rematar o curso entregámoslle un diploma a cada un.

                                    

Charla sobre os animais en extinción

O pasado mércores 6 de xuño algúns alumnos do I.E.S García Barros viñeron a contarlle ao alumnado de 5º de E.P. como estaban desaparecendo algunhas especies ,despois fixemos uns talleres e por último fixemos entre todos un cartel.

     

 

V festa das palabras

O mércores 23 de maio, no teatro principal da Estrada, entregáronse os premios aos rapaces e rapazas gañadores desta V edición do concurso de micropoemas e microrrelatos ,que neste ano de Mª Victoria Moreno ,debían incluir as palabras " MAR"  "FAIADO" repectivamente.

Os gañadores recolleron un caravel e un libro ,no cal se publicaban os seus relatos e poemas ,ademais de 14 ilustracións realizadas polo alumnado de infantil dos 7 colexios de primaria da Estrada,tamén se incluía un marcapáxinas que ao igual ca portada do libro foi diseñado por Rosa de Cabanas.

Este ano ano a madriña de esta xeración foi Paula Carballeira


E estes e estas son os nosos gañadores e gañadoras

 

Gabriel Estrada puxo a música

 

Xa estamos esperando a seguinte festa.

Celebramos o día de Rosalía

 

O sábado 24 de febreiro e en colaboración coa asociación Vagalumes ,celebramos o día de Rosalía, as nosas alumnas representáronnos no recital en homenaxe a esta escritora.

 

                                                       

E o 27 de febreiro en colaboración co concello da Estrada participamos nun recital onde o noso alumnado leu poemas de Rosalía.

                                                                

                                                 

Ademais presentaron o vídeo "Rosalía infinda" onde tamén colaboramos co recitado de algúns versos.

 

                                

 enlace ao vídeo

Video conferencia con Arbo

O xoves 8 febreiro mantivemos unha videoconferencia co Ceip Antonio Carpintero de Arbo. O alumnado de 4º curso e os seus profes ensináronlles unha pequena mostra do Entroido tradicional na nosa zona.Rematamos con un atranque criticando algúns dos acontecementos sucedidos ao longo do ano.

 

                                     

Felicitámonos por nadal

Este ano felicitámosnos por nadal cos colexios Ceip Antonio Carpintero de Arbo e co Ceip Plurilingüe de Tirán.

Estas son as postais ,mirade que bonitas !

  

   

   Con todas fixemos este mural

                                 

Distribuir contido