Normalización Lingüística

Actividades realizadas para a Normalización Lingüística do Centro.

DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA MULLER

Este curso celebramos o día de Rosalía xunto co día da muller o 9 de marzo e lavamos a cabo, en colaboración coas familias, unha exposición fotográfica co título "ERRANTES POLO MUNDO", amosando fotos de galegos/as na emigración.

O Centro Galego de Vedra de Bos Aires felicitounos o día das Letras con unha cantiga. Tamén colaborou con nós enviándonos fotos dos  emigrados e das súas familias en Arxentina.

Tamén investigamos sobre outras mulleres, especialmente mulleres deportistas, porque estivemos traballando as 0limpíadas.

DÍA DE ROSALÍA

Colaboramos co Concello na celebración do día de Rsalía, xunto con outros centros de A Estrada. Antía e Mateo leron o poema "Has de cantar meniña gaiteira"

A ESTRADA MICOLÓXICA-CONCURSO DE CARTEIS

O sábado 14 de decembro fixeron entrega dos premios aos gañadores dos carteis de A Estrada Micolóxica. O gañador do noso centro foi Mateo Sánchez.

FESTA DA POESÍA

O pasado venres o alumnado de 6º de E.P. participamos na FESTA DA POESÍA celebrada no Teatro de A Estrada, xunto con outros colexios da zona.

TEATRO ESCOLAR

O alumnado do CEIP Pérez Viondi participamos na IV MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA CALDAS.

FACENDO AMIGOS

Facendo amigos e estreitando lazos con alumnos e alumnas do CEIP Os Muíños de Muxía, con quen se escriben cartas o alumnado de 6º B, para contarlles cousas da nosa vila e do noso cole.

Esta actividade iniciámola o pasado curso e temos previsto facer unha excursión a Muxía na primavera para coñecernos e visitar aquela zona.

 

RADIO ESTRADA

O pasado martes estivo no cole Radio Estrada coa súa locutora Isa. Entrevistou a algúns alumnos/as e contámoslle algunhas das actividades que estamos levando a cabo no centro.

O programa será  emitido o sábado 15.

VI FESTA DAS PALABRAS

O 4 de xuño celebramos a Festa das Palabras organizada polos Equipos de dinamización lingüísticos dos centros educativos da Estrada. ( Dinamizaestrada).

Os 61 premiados/as recibiron un libro cos textos seleccionados e máis un caravel branco. A madriña literaria desta xeración de novos escritores/as foi Ledicia Costas.

Amenizou o acto " Decotío gaiteiros".

Todos os debuxos do alumnado de infantil que forman parte das ilustracións do libro foron expostos.

CORRELINGUA 2019

O martes 20 de maio, participamos na carreira escolar en defensa da lingua galega, correlingua. A saída foi dende a praza da feira con pancartas baixo o lema "o galego é a fórmula". Para finalizar asistimos a un concerto de paulinha e lanzamos globos con mensaxes.

CONCERTO DIDÁCTICO

En colaboración co EDLG do CMUS Profesional da Coruña, os CEIP do Concello da Estrada

asistimos a un concerto didáctico no Teatro Principal da Estrada, co propósito de facer 

chegar ao noso alumnado a tradición dos cantares de cego. O músico Pancho Álvarez,

coa colaboración de Abraham Cupeiro (Coordinador do EDLG do  CMUS Profesional da

Coruña),  achegáronnos a unha das tradicións orais máis importantes de Galicia.

Distribuir contido