Pedagoxía Terapéutica

ENLACE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

 

Se tedes algunha dúbida e queredes contactar coa mestra de PT, podedes facelo no seguinte correo ptviondi@gmail.com

Estará encantada de atendervos!!!

 

Dende Pedagoxía Terapéutica (PT) irémosvos ofrecendo algunhas actividades e enlaces que vos poden axudar para que estes días sexan un pouco máis levadeiros, ao tempo que facemos un pequeno repaso que sempre está ben.

 

   Moito ánimo!!!

 

Prestade especial atención aos cadernos de repaso "La Calesa" nos que podedes atopar actividades de Lengua e Matemáticas para todos os cursos de Primaria:

                       - PRIMEIRO
                       - SEGUNDO
                       - TERCEIRO
                       - CUARTO
                       - QUINTO
                       - SEXTO

Para acceder a todos os arquivos pinchades en "adxuntos" , aparécevos a lista ao final da páxina; seleccionades con dobre "clic" o ficheiro que queirades ver.

Para IMPRIMIR: co botón esquerdo do rato dámoslle dobre "clic" sobre o arquivo; unha vez aberto, pinchamos co botón dereito e seleccionamos imprimir.

  

No enlace tablasdemultiplicar.com encontraredes xogos interactivos para repasar todas as táboas.

 

Pinchade en ACTIVIDADES INTERACTIVAS VARIADAS para repasar de forma divertida.

   

ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (NEE)

EN ESCOLARIDADE COMPARTIDA:

ENLACES A ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE LECTOESCRITURA:

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_1_plm/p-l-m.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_2_stn/s-t-n-2.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_3_nnyfd/nn-f-d.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_4_bv/06b-v.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_5_r/07r.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_6_cqk/08c-q-k.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_7_hch/09h-ch.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_8_zceci/10z-ceci.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_9_gsuave/gsuave.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_10_gudieresis/gudieresis.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_11_jg/13jg.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_12_ll1/14ll.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_13_ll2/14ll_2.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_14_y/15y.html

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_15_equis/16x.html

 http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1061/lim_16_w/17w.html

ENLACES A VÍDEOS DE LECTOESCRITURA:

https://youtu.be/KmEoGx-_et0

https://youtu.be/n6_SSEJHadQ

https://youtu.be/wGcjtzUOEe0

ENLACES A ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE MATEMÁTICAS:

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/numeros_0001/numeros_0001.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/cmbasico0011/cmbasico001.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/numeros_001/numeros_001.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/calculo_mf_012/calculo_mf_01.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/calculo_mf_02/calculo_mf_02.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/calculo_simple_001/calculo_simple_001.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/calculo_simple_02/calculo_simple_02.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/calculo_simple_03/calculo_simple_03.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/cal_r01/cal_r01.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/calc_sr02/calc_sr02.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/series_01/series_01.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/calc_sr003/calc_sr003.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/euro_previo2/euro_previo.html

http://www.chiscos.net/xestor/chs/martinbetanzos/euro_0017/euro_001.html

Iranse subindo todas as semanas arquivos con exercicios de LECTO-ESCRITURA (LUNS) e de RAZOAMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO (MARTES).

LUNS 20-04-2020-NEE.pdf

MARTES 21-04-2020-NEE.pdf

LUNS 27-04-2020-NEE.pdf

MARTES 28-04-2020-NEE.pdf

LUNS 04-05-2020-NEE.pdf                                                                 

MARTES 05-05-2020-NEE.pdf                                                                         

LUNS 11-05-2020-NEE.pdf                                                                           

MARTES 12-05-2020-NEE.pdf

LUNS 18-05-2020-NEE.pdf 

MARTES 19-05-2020-NEE.pdf

LUNS 25-05-2020-NEE.pdf  

MARTES 26-05-2020-NEE.pdf

LUNS 01-06-2020-NEE.pdf  

MARTES 02-06-2020-NEE.pdf

LUNS 08-06-2020-NEE.pdf

MARTES 09-06-2020-NEE.pdf                         

            

ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O ALUMNADO CON ACS DE 3º DE PRIMARIA:          

  ALUMNADO 3º-ACS-LINGUA GALEGA.pdf                                                 

  ALUMNADO 3º-ACS-LENGUA CASTELLANA.pdf                                                 

  ALUMNADO 3º-ACS-L.CASTELLANA-1.pdf                                                 

  ALUMNADO 3º-ACS-MATEMÁTICAS.pdf                                                  

Iranse engadindo exercicios aos arquivos semanalmente.

 

ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O ALUMNADO CON ACS DE 6º DE PRIMARIA:  

   ALUMNADO 6º-ACS-LINGUA GALEGA.pdf                                                         

     ALUMNADO 6º-ACS-LENGUA CASTELLANA.pdf                                                                                    

     ALUMNADO 6º-ACS-MATEMÁTICAS.pdf                                                                                    

Iranse engadindo exercicios aos arquivos semanalmente.

 

Esperamos que tanto vós como as vosas familias esteades ben. Enviámosvos moita forza, moito ánimo e a esperanza de que pronto nos poidamos volver a ver!!! 

 

  

A comprensión lectora

A COMPRENSIÓN LECTORA

1. Concepto e importancia da comprensión lectora.

2. Algúns factores que determinan a comprensión lectora.

     2.1 Ambiente familiar.

     2.2 Vocabulario.

     2.3 Enfoque da lectoescritura nos primeiros anos da vida escolar.

     2.4 Trastorno de déficit de atención (TDA).

     2.5 Dislexia.

3. Actividades tipo para desenvolver a comprensión lectora.

4. Enlaces de interés.

 

A COMPRENSIÓN LECTORA

1. Concepto e importancia da comprensión lectora.

Como o seu nome indica, a comprensión lectora é a capacidade para entender o que se le; implica extraer as ideas fundamentais do texto e relacionalas cos conceptos que xa teñen un significado para o lector.

Non podemos falar de lectores eficientes se non hai unha boa comprensión lectora. A ensinanza da lectoescritura non remata cando se sabe descifrar o código dunha lingua, aínda que esta sexa unha condición básica e imprescindible para poder desenvolver unha boa comprensión lectora.

Consideramos moi importante crear nos alumnos, dende idades moi temperás, a necesidade de entender a través da lectura, ben sexa para desfrute ou para adquisición de información. Por eso, entendemos que un bo enfoque lectoescritor debe fomentar, sempre e dende os primeiros momentos, a comprensión lectora traballando con textos de dificultade crecente que teñan significado para os nenos.

Unha lectura eficaz, que nos permita comprender o que lemos, é fundamental para a adquisición de contidos de todas as materias curriculares; se un alumno non entende o que le, terá moitas dificultades para resolver un problema matemático ou para reter conceptos de Coñecemento e, polo tanto, será unha das causas do fracaso escolar.

2. Algúns factores que determinan a comprensión lectora.

2.1 Ambiente familiar.

Os alumnos que proveñen de familias lectoras teñen unha maior predisposición a desenvolver unha boa comprensión lectora porque están en contacto permanente cos libros,  presentan maior interés pola lectura e reciben máis axuda por parte da propia familia posto que está máis preparada e sensibilizada hacia este tema.

2.2 Vocabulario.

Moi relacionado co factor anterior. Canto máis vocabulario teña un neno, máis facilidade presenta pata entender un texto; pero, ao mesmo tempo, canto máis lea, máis vocabulario vai adquirir. Prodúcese así unha retroalimentación entre a lectura e o vocabulario que fai que cada vez desfrute máis lendo.

2.3 Enfoque da lectoescritura nos primeiros anos da vida escolar.

Unha vez adquiridos os prerrequisitos para a lectoescritura, consideramos que o acercamento ao código lectoescritor debe facerse o antes posible. A fonética, a identificación dos sons, o desenvolvemento da memoria auditiva e visual, e a decodificación das palabras, son aspectos fundamentais para unha boa comprensión lectora.

Ademais, é importante inculcar no alumnado, a través dun enfoque lectoescritor axeitado, a necesidade de aprender a ler para comprender e non como unha mera actividade mecánica.

2.4 Trastorno de déficit de atención (TDA).

A atención está directamente relacionada coa comprensión.  Aínda que un alumno teña unha boa mecánica lectora, se ten dificultades para concentrarse no que está lendo porque non filtra de maneira axeitada a multitude de estímulos que lle chegan simultaneamente, vai perder moita información do texto e, polo tanto, a súa comprensión vai ser menor.

2.5 Dislexia.

Os nenos con dislexia presentan moitas dificultades para descifrar o código e o esforzo que esto lle supón vai en    detrimento da comprensión. Por outra parte, cometen frecuentes erros na exactitude lectora o que tamén diminúe a comprensión. Consecuentemente, son alumnos que len pouco posto que, para eles, a lectura é unha actividade difícil e pouco gratificante.

 

3. Actividades tipo para desenvolver a comprensión lectora.

Mellorar a comprensión lectora dun alumno sempre é posible, aínda que ás veces resulte un proceso lento.

Existen moitas actividades que fomentan a mellora da comprensión lectora; entre elas, podemos destacar:

  • Unir palabras con imaxes.
  • Relacionar frases ou fragmentos con imaxes.
  • Facer un debuxo relacionado coa lectura (palabras,frases).
  • Encontrar unha palabra que non garda relación coas demais.
  • Facer analoxías.
  • Encontrar absurdos.
  • Ordenar palabras para formar frases.
  • Ordenar frases para formar parágrafos.
  • Ordenar parágrafos para formar un texto.
  • Cambiar palabras por sinónimos.
  • Cambiar palabras por antónimos.
  • Contestar a preguntas sobre o lido.
  • Elaborar preguntas sobre o lido.
  • Cambiar partes dun relato (a introdución, o final...).
  • Traballar refráns, adiviñas e frases feitas.
  • Resumir un texto.
  • Elaborar unha opinión persoal sobre o texto.

4. Enlaces de interés.

A continuación, pasamos a relacionar unha serie de páxinas donde se poden encontrar actividades interactivas e exercicios imprimibles para traballar a comprensión lectora:

http://luisamariaarias.wordpress.com/indice/lengua-espanola/lectura/comprension-lectora/

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepco3/fondolector/

http://www.xtec.cat/~jgenover/complec.htm

http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/3/WebC/eltanque/lengua/lengua.html

http://lclcarmen1.wordpress.com/comprension-lectora/

http://miscosasdemaestra.blogspot.com.es/2012/07/fichas-de-comprension-lectora-para.html

A educación inclusiva

 

A educación inclusiva é un modelo educativo que busca atender ás necesidades de aprendizaxe de todos os nenos, con especial énfase naqueles que son vulnerables á marxinalidade e á exclusión social.Diversidade de alumnado

Este sistema educativo implica que todos os alumnos dunha determinada comunidade aprendan xuntos independentemente da súa orixe, das súas condicións persoais, sociais ou culturais, incluídos aqueles que presentan calquera problema de aprendizaxe ou discapacidade.

O termo "inclusión" é moi amplo e conleva unha transformación progresiva dos sistemas educativos para dotar a todas as persoas dunha educación de calidade adaptada á diversidade.

O enfoque inclusivo parte de premisa de que todos os nenos e nenas, con independencia da súa condición particular, poden aprender sempre e cando o seu entorno educativo ofreza condicións necesarias de acceso e outorgue experiencias de aprendizaxe significativas para todos. Significa que todos os rapaces dun lugar determinado poden estudar xuntos e beneficiarse mutuamente da experiencia enriquecedora.

Integración e inclusiónÉ o mesmo integración e inclusión? Podemos dicir que a ensinanza inclusiva necesita dunha base integradora, pero vai más alá da mesma; trátase de aprender non só ao lado dos demais, senón cos demais.

En definitiva, a educación inclusiva enténdese como unha educación personalizada, deseñada á medida de todos os nenos pero con todos eles. Fundaméntase en proporcionar o apoio necesario dentro dunha aula ordinaria para atender a cada alumno como o  precise; entendendo que podemos ser parecidos, pero non idénticos  e as nosas necesidades deben ser consideradas dende unha perspectiva plural e diversa.

Para obter máis información sobre este tema pulsar aquí.

 

 

 

Distribuir contido