Publicado

Estado Publicado: o contido poderá ser visto por calquera usuario, incluso os 'anónimos'.

Benvida

    Benvidas e benvidos ao noso Centro.    

 

ENDEREZO: RÚA PÉREZ VIONDI, 46. 36680 A ESTRADA.

TELÉFONOS

SECRETARÍA :         886 15 10 28

DIRECCIÓN:            886 15 10 27

ORIENTACIÓN :      886 15 10 26

FAX: 886 15 10 29
CORREO ELECTRÓNICOceip.perez.viondi@edu.xunta.es 
MAPA DE SITUACIÓN 

 

 

INGLÉS 2º actividades - 4

 

Xa case  estamos rematando. Propóñovos unhas fichas de repaso para ir facendo estes días.

Tamén podedes visitar o blog http://omeurecunchodeingles.blogspot.com/

onde atoparedes unha manualidade fácil.

Saúdos


DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA MULLER

Este curso celebramos o día de Rosalía xunto co día da muller o 9 de marzo e lavamos a cabo, en colaboración coas familias, unha exposición fotográfica co título "ERRANTES POLO MUNDO", amosando fotos de galegos/as na emigración.

O Centro Galego de Vedra de Bos Aires felicitounos o día das Letras con unha cantiga. Tamén colaborou con nós enviándonos fotos dos  emigrados e das súas familias en Arxentina.

Tamén investigamos sobre outras mulleres, especialmente mulleres deportistas, porque estivemos traballando as 0limpíadas.

O SAMAÍN 2017

Vídeo elaborado sobre a canción "Brinca vai no Samaín" de Paco Nogueiras. (Clic na imaxe)

O Samaín

ATENCIÓN A PAIS

ATENCIÓN A PAIS (Departamento de Orientación)

 

LUNS, MÉRCORES E VENRES DE 9:15 a 10:00.

 

MARTES E XOVES DE 13:30 a 14:00. MARTES TARDE

 

TELÉFONO DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN 886151026 OU DO CENTRO 886151028

 

A VENDIMA

A semana do 19 ao 23 de setembro, as rapazas e rapaces de segundo curso de primaria presentamos os traballos que fixemos na casa sobre a vendima e preparamos uns acios para adornar a clase.

 

Quedáronnos moi ben!!!!

AS FRAGAS DO EUME

Durante o curso, os tres cuartos fomos lendo o libro de Agustín Fernández Paz:

No corazón do bosque. Cando rematamos de lelo fixemos unha viaxe ás Fragas

do Eume, onde vive Derdrín.

Hai fotos na galería de imaxes da web.

Tamén estivemos no Parque do pasatempo en Betanzos.

MANUEL MARÍA

Xa que este ano se lle adicou ao escritor Manuel María o DÍA DAS LETRAS,

as rapazas e rapaces de 4ºA, 4ºB e 4º C fixemos con material reutilizado

obxectos e animais sobre os que escribe o autor nun dos seus libros: OS SOÑOS

NA GAIOLA.

 

MANEL RODRÍGUEZ GALLEGO

Fantástica a sesión do mércores 13 de abril con Manel!

O tempo que pasamos con el na sesión de expresión musical e

corporal foi distinto, divertido, sorprendente, relaxante,...

Quedamos con ganas de repetir a experiencia.

 

O Grúfalo

Portada libro O Grúfalo

O Grúfalo de Julia Donaldson, ilustrado por Axel Scheffler, é unha fábula sobre o poder da imaxinación e tamén do medo. Na web oficial,cóntannos as orixes deste conto rimado publicado en 1999, preséntannos á súa autora e ilustradora e tamén hai xogos.

Aquí vos deixamos tamén a versión orixinal en inglés: 

Distribuir contido