Novas
Aula Virtual.
Enviado por mateocampos o 18 Outubro, 2020 - 20:52A Aula Virtual do CEIP Pérez Viondi está configurada. A partir de agora o alumnado poderá acceder cando así llo indique o seu profesorado.
Para iso deberán seguir as instruccións que se sinalan a continuación:
- Accedese a través da dirección: www.edu.xunta.gal/centros/ceipperezviondi/aulavirtual/
- O usuario de cada alumno será o primeiro nome e o primeiro apelido, xuntos en minúsculas, sen acentos, nen diérese e substituíndo a letra ñ por n. Por exemplo: Lucía San Martiño Campos terá como usuario luciasanmartino.
- O contrasinal será 1234, ao acceder por primeira vez a plataforma vai solicitar o seu cambio.Existen unha serie de vídeos-titorias para o acceso e manexo básico da aula virtual na páxina web do colexio e neste enlace.
- Para calquera erro ou dúbida sobre a aula virtual dispoñen do correo, incidenciasperezviondi@gmail.com
LISTADO LIBROS 2016-17
Enviado por ADMIN o 21 Xuño, 2016 - 20:23AXUDAS PARA ADQUISICIÒN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por ADMIN o 23 Maio, 2016 - 18:29Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17.
O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:
Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.
Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro.
Prazo de presentación da solicitude: ata o 23 de xuño de 2016.
Publicación da listaxe provisional do fondo libros: o 6 de xullo.
Publicación da listaxe definitiva do fondo libros: o 8 de xullo.
Para máis información dirixirse á secretaría do centro.
Documentos para descargar:
Acceso á aula virtual do centro
Enviado por ADMIN o 19 Marzo, 2016 - 17:29Estimados pais e nais,
non deixedes de comprobar o menú de actividades dos distintos cursos da páxina web do colexio, nin os cursos da aula virtual do centro (Inglés 1º, Inglés 2º, entre outros), posto que se están a engadir novos contidos.
Proxectos eTwinning no CEIP Pérez Viondi.
Enviado por ADMIN o 15 Marzo, 2016 - 17:48Este curso 2015-2016, estamos participando en 2 proxectos eTwinning a nivel europeo:
- Os grupos de 1º curso de EP participan no proxecto "Our little Garden" cun colexio italiano chamado Fara in Sabina (en Passo Corese) e outro polaco chamado Szkoła Podstawowa nr 6 im. (en Konin). O proxecto consiste en crear unha pequena horta no colexio, plantando as sementes que nos envían de Italia (os italianos terán que sementar as que lles enviamos nós). O intercambio de sementes xa está feito, comezaremos a sementar despois de Semana Santa. Logo teremos que adiviñar que clase de prantas son, observando o seu crecemento. Xa puidemos coñecernos por videoconferencia e intercambiamos vídeos presentándonos en inglés
- Os grupos de 2º curso de EP participan no proxecto "Me, my city, my country" cun colexio Polaco chamado Niepubliczna Szkoła Podstawowa Zaczarowana Planeta (en Cracovia) e outro Italiano chamado Scuola Primaria, via Roma (en Urbisaglia). Xa puidemos coñecernos por videoconferencia e intercambiamos vídeos presentándonos en inglés. Estamos aprendendo sobre os estilos de vida dos demais membros do proxecto e da súa cultura.
Ademais destes proxectos, no Nadal participamos noutro proxecto eTwinning chamado Handmade Christmas cards, Xmastree balls and best wishes videos, consistente nun intercambio de felicitacións de Nadal e adornos para a árbore de Nadal do colexio con 10 colexios de distintos países europeos. Felicitamos as festas por escrito nas nosas linguas e en inglés, e tamén oralmente compartindo vídeos en grupo.
Gañadora do concurso de carteis "A Estrada Micolóxica"
Enviado por ADMIN o 24 Novembro, 2015 - 00:17É para nós un orgullo informarvos de que a gañadora do concurso de carteis "A Estrada Micolóxica" foi unha alumna nosa: Andrea Bermejo Docampo. Noraboa Andrea!
Fotos da visita ao Museo da Marioneta (Lalín).
Enviado por ADMIN o 20 Novembro, 2015 - 01:22Fotos da visita do alumnado de 2º ao Museo da Marioneta, no Pazo Liñares, en Lalín. Enlace á páxina web do museo.
INFORMACIÓN PARA PAIS/NAIS
Enviado por ADMIN o 11 Novembro, 2015 - 14:43
AbalarMóbil. ACCESO
MATERIAL ------------------------------LIBROS DE TEXTO PARA O ANO ESCOLAR 2015-2016 | ||
4º CURSO (3 ANOS) | EDUCACIÓN INFANTIL | 4º CURSO (3 ANOS) |
5º CURSO (4 ANOS) | 5º CURSO (4 ANOS) | |
6º CURSO (5 ANOS) | 6º CURSO (5 ANOS) | |
1º CURSO | EDUCACIÓN PRIMARIA | 1º CURSO |
2º CURSO | 2º CURSO | |
3º CURSO | 3º CURSO | |
4º CURSO | 4º CURSO | |
5º CURSO | 5º CURSO | |
6º CURSO | 6º CURSO |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016. (3º-5º E. PRIMARIA). | |
ORDE O 21 DE MAIO DE 2015 QUE O REGULA. | ACCESO |
PÁXINA DA CONSELLERÍA. | ACCESO |
MODELO DE SOLICITUDE PARA CUBRIR E DESCARGAR. | ACCESO |
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. (1º-2º-4º-6º E. PRIMARIA). | |
ORDE DO 22 DE MAIO DE 2015 (DOG. DO 1 DE XUÑO). | ACCESO |
PÁXINA DA CONSELLERÍA. | ACCESO |
MODELO DE SOLICITUDE PARA CUBRIR E DESCARGAR. | ACCESO |
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-2016 - DO 2 AO 23 DE MARZO DE 2015. | |
ACCESO a NORMATIVA. | |
LISTADO DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO. (SEGUNDO ARTIGO 30 DA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013). Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do 13 de abril de 2015. |
ACCESO |
COMEDOR-PLAN MADRUGA. | ACCESO PÁXINA ANPA. |
Novas Fotos na galería de imaxes.
Enviado por ADMIN o 10 Novembro, 2015 - 18:41Xa están na galería de imaxes as fotos da visita ao Novo Mercado e do contacontos para Educación Infantil (Novembro 2015).
Cambios na galería de imaxes: reorganizáronse os álbumes e engadíronse novas fotos de EI do samaín.
Ademais, estánse a engadir fotos a novos álbumes: o Magosto e a visita ao Acuario da Coruña do alumnado de 6º de EI.
Inscrición Campamento Urbano 2015
Enviado por ADMIN o 27 Outubro, 2015 - 18:35Campamento urbano durante as vacacións de Nadal para rapaces e rapazas de 3 a 13 anos de idade, organizado polo Concello de A Estrada.
Prazo de inscrición: do 20 de novembro ao 5 de decembro de 2015.
