Idioma extranxeiro
What´s the weather like?
Enviado por Clara o 27 Febreiro, 2022 - 23:28O alumnado de 4º de E.P., levamos un rexistro do tempo que fixo no mes de febreiro, na clase de inglés:
What´s the weather like in February?
The weather in February
Enviado por Clara o 27 Febreiro, 2022 - 22:26The weather in January
Enviado por Clara o 9 Febreiro, 2022 - 21:37Na clase de inglés tamén observamos o tempo atmosférico.
O alumnado de 1º e 2º de E.P. fixemos un rexistro diario.
Este foi o resultado do mes de xaneiro.
INGLÉS 2º
Enviado por Clara o 21 Abril, 2020 - 20:27Bo día familias,
como o levades? Espero que todo o alumnado e familiares esteades ben. Xa queda menos.
Quero deixarvos aquí os enlaces e as instrucións para que poidades acceder ao libro dixital dende as vosas casas (como o facíamos na clase na pizarra dixital).
Para acceder ao libro Heroes 2 de segundo facede click no seguinte enlace
https://www.macmillaneducationeverywhere.com/es/
Para ingresar empregades:
Nome de usuario(username) - heroessegundo
Contrasinal (password) - segundocurso
(en minúsculas e todo xunto)
Podedes mirar estas instrucións que anado no documento adxunto.
ÁNIMO, XA QUEDA MENOS!!!
INGLÉS 1º
Enviado por Clara o 21 Abril, 2020 - 20:08Bo día familias,
como o levades? Espero que todo o alumnado e familiares esteades ben. Xa queda menos.
Quero deixarvos aquí os enlaces e as instrucións para que poidades acceder ao libro dixital dende as vosas casas (como o faciamos na clase na pizarra dixital).
Para acceder ao libro Heroes 1 de primeiro facede click no seguinte enlace
https://www.macmillaneducationeverywhere.com/es/
Para ingresar empregades:
Nome de usuario(username) - heroesprimeiro
Contrasinal (password) - primeirocurso
(en minúsculas e todo xunto)
Podedes mirar estas instrucións, que añado nun adxunto
ÁNIMO. XA QUEDA MENOS!
Plástica 3º e 4º
Enviado por mtcarbajales o 16 Abril, 2020 - 01:29Ola a tod@s, neste blog irei poñendo as actividades de plástica unha vez á semana. Serán as mesmas para 3º e 4º. Espero que disfrutedes facéndoas. Se tendes algunha pregunta non dubidedes en contactar conmigo.
Clicar en adxuntos
Surprise! Here you are some videos with TOYA
Actividades de inglés 4º
Enviado por mtcarbajales o 17 Marzo, 2020 - 16:24Ola a todos/as, aquí tedes unhas actividades para estes días de confinamento. Recórdovos que podedes ir á páxina online do noso libro e entrar nela co voso contrasinal para escoitar a canción o conto, repasar o vocabulario e facer os xogos.
Axunto van unha fichas da unidade que estabamos traballando.
Engado outra páxina con diferentes xogos. Clica
Ola de novo, para que sigades traballando, engado o acceso á páxina online do noso libro para que poidades facer alí as actividades de repaso das unidades traballadas.
Se alguén non estaba rexistrado pode entrar co
Username: perezviondi
Password: perezviondi
Tamén podedes acceder a Macmillan Pupils Corner, onde atoparedes diferentes xogos. Aqui
Username :macmillancds
Password: macmillan
Ánimo
LUNS 30 DE MARZO
Ola A todas e todos a partires do 30 de marzo ás 11 e cada día de luns a venres poderedes ver un video e facer as actividades relacionadas clicando no seguinte enlace. Story Corner.
Espero que vos gusten.
Ola de novo, en adiante iremos engadindo fichas en adxuntos. Non necesitades imprimilas, podedes facelas nun folio ou libreta.
Deixo o noso correo por se queredes preguntar algo: mtcarbajales@edu.xunta.es
hfcabarcos@edu.xunta.es
Aquí vos deixo o dicionario : Dictionary
Actividades de inglés 3º
Enviado por mtcarbajales o 16 Marzo, 2020 - 23:25Ola a todos/as, aquí tendes unhas actividades para estes días de confinamento. Recórdovos que podedes ir á páxina do noso libro online e entrar nela co voso contrasinal para escoitar alí o vocabulario, a canción e os xogos.
Actividades para 3º nivel. Clica en adxuntos.
Aquí tendes unha páxina onde atoparedes diferentes xogos. Clica
Ola de novo.
Espero que non se vos faga moi duro o confinamento. Para que se vos faga máis levadeiro e para que sigades traballando, engado un enlace ao noso libro online . Alí podedes facer actividades de repaso das unidades traballadas. Aquí Por se alguén non estivera rexistrado podedes usar:
username : perezviondi
Password: perezviondi
Tamén podedes ir a Macmillan Pupils Corner onde atoparedes diferentes tipos de xogos: Clica.
Entrades co username: macmillancds
Password:macmillan
Ánimo.
LUNS 30 DE MARZO
Ola a todas e todos, a partires do 30 de marzo ás 11 horas poderedes ver un vídeo de luns a venres e facer algunhas actividades relacionadas clicando no seguinte enlace:Story Corner.
Espero que vos gusten.
Ola de novo, en adiante irei engadindo fichas en adxuntos. Non necesitades imprimilas, podedes facelas nun folio ou libreta.
Deixo o meu correo por se queredes preguntar algo:mtcarbajales@edu.xunta.es
INGLÉS 1º E 2º - E.I
Enviado por Clara o 16 Marzo, 2020 - 22:09
Bo día familias,quero compartir con vós unha páxina que me parece interesante para os nenos e nenas; trátase dunha serie de historias contadas por unha mestra. Son todos os días a partires das 11h; pero pódense ver despois e tamén en youtube: "macmillan story corner". Déixo aquí o enlace: https://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/macmillan-live/#macmillan_story_corner
Saúdos e ánimo
Recomendacións para practicar inglés para o alumnado de 1º EP, 2º EP e E. Infantil.
Podedes visitar estas páxinas web e practicar con elas.
Un saúdo.
Ola familias, espero que esteades ben e levedes esta situación con calma e do mellor xeito posible. Para o alumnado de 1º e 2º de EP, decirvos que podedes acceder á páxina da editorial coa que traballamos, https://www.macmillaneducation.es/. En esta páxina, na parte superior dereita, aparece "pupil's corner"; dende este lugar e rexintrándose, podedes acceder a material dos libros "Heroes", como vídeos das unidades, Life skills...
https://www.macmillaneducation.es/pupils-corner/
Deixo aquí unha foto:
Estaremos en contacto e seguirei engadindo material para que estes días na casa sexan o máis levadeiros posible.
Un saúdo especial para o alumnado. Ánimo!!
PIALE: Discovering Canada
Enviado por ADMIN o 31 Xaneiro, 2020 - 22:43María, unha das profesoras de Inglés do centro, preparou estas presentacións como parte do programa de difusión da súa experiencia educativa e cultural en Canadá, como participante no programa PIALE.
Presentación para o profesorado sobre o sistema educativo de Ontario:
Presentación para o alumnado que servirá de base para o desenvolvemento dunha unidade didáctiva en educación artística nas aulas de 3º curso:
