O alumnado de EI estuda as profesións.
Enviado por ADMIN o 19 Marzo, 2016 - 19:56Os nenos e nenas de 4º curso de EI están a traballar as profesións e están a recibir visitas de pais de alumnos/as que lles veñen a explicar en que consiste o seu oficio para que os vaian coñecendo. Tamén viñeron a policía e os bombeiros do Concello e ¡puideron subirse aos seus vehículos! Aquí van algunhas fotos.
Proxectos eTwinning no CEIP Pérez Viondi.
Enviado por ADMIN o 15 Marzo, 2016 - 16:48Este curso 2015-2016, estamos participando en 2 proxectos eTwinning a nivel europeo:
- Os grupos de 1º curso de EP participan no proxecto "Our little Garden" cun colexio italiano chamado Fara in Sabina (en Passo Corese) e outro polaco chamado Szkoła Podstawowa nr 6 im. (en Konin). O proxecto consiste en crear unha pequena horta no colexio, plantando as sementes que nos envían de Italia (os italianos terán que sementar as que lles enviamos nós). O intercambio de sementes xa está feito, comezaremos a sementar despois de Semana Santa. Logo teremos que adiviñar que clase de prantas son, observando o seu crecemento. Xa puidemos coñecernos por videoconferencia e intercambiamos vídeos presentándonos en inglés
- Os grupos de 2º curso de EP participan no proxecto "Me, my city, my country" cun colexio Polaco chamado Niepubliczna Szkoła Podstawowa Zaczarowana Planeta (en Cracovia) e outro Italiano chamado Scuola Primaria, via Roma (en Urbisaglia). Xa puidemos coñecernos por videoconferencia e intercambiamos vídeos presentándonos en inglés. Estamos aprendendo sobre os estilos de vida dos demais membros do proxecto e da súa cultura.
Ademais destes proxectos, no Nadal participamos noutro proxecto eTwinning chamado Handmade Christmas cards, Xmastree balls and best wishes videos, consistente nun intercambio de felicitacións de Nadal e adornos para a árbore de Nadal do colexio con 10 colexios de distintos países europeos. Felicitamos as festas por escrito nas nosas linguas e en inglés, e tamén oralmente compartindo vídeos en grupo.
Graffitis no CEIP Pérez Viondi
Enviado por ADMIN o 2 Marzo, 2016 - 13:12O "Centro Juvenil La Estación" donou dúas pezas finalistas do concurso Xuventude Crea 2015, organizado pola Direción Xeral de Xuventude, ao CEIP Pérez Viondi. As obras colocáronse hoxe no centro: "Vacaloura Máxica", de Honey, colocouse no edificio de Educación Infantil e a obra "Rock na cidade", de Rock 981, colocouse no edificio de Educación Primaria. Velaquí algunhas fotos, hai máis na galería de imaxes. Ademáis disto, máis adiante, tamén nos van decorar as paredes do colexio con graffitis.
Moitas grazas!
Homenaxe a Rosalía no Mome
Enviado por ADMIN o 26 Febreiro, 2016 - 12:10Iria e Abel de 4º C do CEIP Pérez Viondi participaron na homenaxe a Rosalía de Castro que tivo lugar no Mome o día 24 de febreiro de 2016, recitando"Cando a Luíña Aparece" de "Follas Novas". Aquí vai un pedazo:
Homenaxe a Rosalía
Enviado por ADMIN o 26 Febreiro, 2016 - 00:41O 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía no centro, velaquí a presentación:
Día da Paz no CEIP Pérez Viondi.
Enviado por ADMIN o 9 Febreiro, 2016 - 18:44O alumnado do CEIP pérez Viondi conmemorou o día da Paz saíndo todos xuntos ao patio formando a palabra PAZ e cantando a canción "We are the World", de Michael Jackson. Despois da canción soltaron os globos. Despois os de 3º e 4º asistiron a unha conferencia sobre as pombas mensaxeiras impartida por J. Alberto Baños, o pai de Hugo e Nicolás Baños. Aquí queda o vídeo.
Homenaxe a balbino
Enviado por ADMIN o 9 Febreiro, 2016 - 16:41O CEIP Pérez Viondi participou na lectura dun capítulo da novela de Xosé Neira Vilas: "Memorias dun neno labrego". Aquí queda un vídeo coas fotos do momento.
X Festa da Poesia de A Estrada
Enviado por ADMIN o 27 Xaneiro, 2016 - 13:53Dous alumnos do CEIP Pérez Viondi participando na X Festa da Poesía: Ramiro Diéguez Loureiro e Alma Diéguez Loureiro.
Nadal 2015
Enviado por ADMIN o 18 Xaneiro, 2016 - 18:41Aí vai un vídeo con fotos e algún vídeo do festival de Nadal deste curso 2015-2016. Desculpade o retraso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »
