FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2016/17

O pasado15 de xuño no teatro principal,da Estrada ,brillaron as estrelas .Este foi o noso festival:

Os alumnos/as de 5º de E.I. movéronse ao ritmo de "Matumbe"

 Pasamos agora cos alumnos de 6º de E.I. que nos van a facer "no baile"

 Seguimos con 6º A e B de E.I. que nos bailarán" banana phone"

 O alumnado de 2º B de E.P. van a representar a obra "xuicio no bosque ou soñar non costa nada "

E para rematar esta sesión os alumnos/as de 2º A van a facer o baile "la bicicleta"

 Rematou a 1º sesión e empezamos coa 2º

 

Para comezar con esta 2º sesión os alumnos/as de 3º A bailarán o Rap de Rosalía

A continuación o club da lingua representa a obra "os tres matasanos"

 

Seguimos con outro baile ,esta vez son os alumnos/as de 5º B e o seu "Ain`t your mama"

E seguimos bailando ,desta volta serán de novo os nenos/as de 3º A con "up town"

Para rematar facemolo con unha obra de teatro do club da lingua titulada "Que pasou coa música?

E como comprobamos que seguimos tendo música .Esperamos que vos gustase e ...ATA O CURSO QUE VEN !

IV Festa das Palabras

  O martes 6 de xuño no teatro principal entregaronse os premios  aos  rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Carlos Casares  debían incluír as palabras VENTO e VERÁN, respectivamente.

Os traballos ganadores recolleron un caravel e un libro, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe,ademais dos relatos gañadores, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.

 O padriño desta  edición, foi o escritor Antonio García Teijeiro.

A parte musical da festa correu a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez"

 

Animo e a seguir escribindo !

correlingua

o 16/05/2017 disfrutamos do correlingua 

un pequeno video 

 

 

Letras Galegas 2017

UN ano mais celebramos o día das Letras Galegas,este ano dedicado a:

O alumnado de 1º de E.P. cantaron unha fermosa canción

A novidade deste ano foi a creación do Clube da Lingua ,que presentou as seguintes obras :

Mamá cabra e os seus cabuxiños

Cincenta era galega

Pilleite carapuchiña

 Ademais o alumnado de 3º E.P  fixonos unha representación dos Xenerais do Ulla

Os alumnos de 5º A deleitaronnos con un baile. 

 Alguns alumnos de 6º fixeron esta presentación sobre o autor homenaxeado

Esperamos vervos o ano que ven.

Celebramos o día do libro

Este ano para celebrar o dia do libro fixemos varias actividades ,unha delas foi ler de forma continuada e por cursos ,o libro mais universal da literatura española ,"El Quijote " de Miguel de cervantes.

Ademais fíxose un mural sobre dito libro .

                                    

 

En este super mural ,os nenos e as nenas ian colocando a súa opinión sobre os libros que leron.

                                                                

Un libro sempre é unha aventura

O día da poesía

O pasado día 21 de marzo celebramos :

   

Creamos os nosos poemas .

Recitamos poemas de varios autores

  

E os mais pequenos fixeron os seus propios decorados para a poesía "A flor e a bolboreta"

 

Foi un día moi especial.

O Día da muller

Como todos os anos celebramos o día internacional da muller.Este ano ademais homenaxeamos a Rosalía de Castro coa lectura continuada dos seus poemas.

 

.

 

Foron tamén homenaxeadas outras mulleres significativas na nosa cultura .Os alumnos e alumnas de todos os niveis fixeron uns estupendos traballos .

 

O alumnado de 6º fixeron estas presentacións 

 

Entroido 2017

Un ano mais celebramos o entroido ,ademais de disfrazarnos tomamos unha rica merenda con chocolate .                         

                         

                         

                         

                         

                         

 

Parabéns aos gañadores

Os nosos parabéns ao alumnado de terceiro de E.P. que gañaron o 1º ,2º e 3º premio no concurso de cartas de amor "Can Valentín" promovido por Radio Estrada .

A súa carta de amor foi a música ,e o 1º premio                                                                               

    Co amor aos libros ,gañou o 2º premio                                   

      O amor ao seu avó levouno ao 3º premio

 

Parabéns e .....a seguir escribindo !

Dia da Non Violencia e da Paz 2017

Este ano ,o 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e Non Violencia .Preparamos carteis e murais ,expresando os desexos de cada un para acadar a tan ansiada paz e non violencia na terra,estes carteis,posteriormente, foron colocados nas paredes do centro.Así mesmo estivemos preparando cancións e coreografías para o baile solidario  no que todos/as participamos e cuxa recadacion foi para a Cruz Vermella.

En E. Infantil cantaron e bailaron "Madre Tierra"

 


 

 

Primaria: 1º e 2º curso:Canción “ Quérote máis que a tortilla de patacas con xamón.

 

 

 

3º,4º,5ºe 6ºcantaron e bailaron a canción “ Apertas que voan”

 

 

 

Distribuir contido