Festival fin de curso

O pasado 19 de xuño celebramos o festival de fin de curso no teatro principal.

                                   

 

O noso programa era o seguinte:

 5º B de E.I. representaron a obra de teatro " A pulga e o piollo".

5º A de E.I. bailaron o "rock de la carcel".

1º B de E.P. representaron a obra de teatro "Paroladas ao teléfono".

4º A de E.P. representaron a obra de teatro " Os antollos de Margarida".

E rematamos coas pezas musicais "A Bela e a besta"e " Forrest Gump " que tocaron uns alumnos/as de 5º de E.P.

Ata o vindeiro curso!!!

Voz natura

Este curso participamos no proxecto Voz natura axunto un resumo.

Descrición.

Como homenaxe ao patrimonio etnográfico do noso concello/comarca participarmos en “Voz Natura” co proxecto titulado “A NOSA ALDEA”para fomentar o achegamento do noso alumnado ao entorno natural e etnográfico e espertar neles o interese polo coidado e preservación do mesmo. Ao mesmo tempo aproveitamos este proxecto para mellorar a competencia lingüística dos nosos alumnos /as e incrementar o vocabulario relacionado coas costumes, tradicións,festas, árbores, plantas , flores, apeiros, reciclaxe...

Este proxecto consta de varias fases:

!º Trimestre:

1.Estudo do concello a nivel xeral,partindo dunha maqueta do concello elaborada en anos anteriores

 

2.Elaboración dunha listaxe de parroquias.

3.Busca documental e presencial de elementos etnográficos característicos de cada unha delas.

2º trimestre:

1.Recompilación de todo o material e información recollidas para a súa utilización posterior.

        

2.Os alumnos/as plasmaron en debuxos,murais... as súas ideas dunha aldea.

 

3.Elaboración dunha maqueta dunha aldea na que se vexan representados os elementos etnográficos estudado

3º trimestre:

  1. Remate da maqueta e exposición da mesma.

Visítanos Paula Carballeira

O xoves 31 de maio veu a visitarnos Paula Carballeira.Os alumnos/as de 3º ,4º,5ºe 6º estivemos moi atentos as súas historias.

Ademais o alumnado de 4º leramos o seu libro "bruxa e familia",sobre o que fixemos uns traballos para presentarllos.

4º A realizamos uns murais en conxunto que o xoves colgamos na parede dereita do salón de actos ,para que se puideran ler, ademais de facerlle un retrato para darlle a benvida .

 E os alumnos/as de 4º B construimos aos protagonistas e os persoaxes do libro ,antes citado.

Encantounos estar con ela !!!!

Festival Letras Galegas

Un ano mais celebramos o día das Letras con un festival.

Algúns alumnos/as de 5º A de E.P. presentáronnos a biografía de Mª Victoria Moreno,a quen se lle dedicou este ano o día das letras Galegas

A continuación o alumnado de 3º de E.P. cantaron a canción "Chea de vida"

E dende o club da lingua o alumnado de 6º A de E.P.explicannos o importante que é saber ler coa súa obra " A mensaxe"

De novo o alumnado de 5º de E P ,e dende o club da lingua ,converteron o escenario nun plató de televisión co musical "Soache a miña canción?"

                                                                 

                                                       

Seguimos co Club da lingua e esta vez o alumnado de 6º representan a obra "Mareando ao doctor Cabrera"

 Que remataron con un baile

 E para finalizar o festival un grupo de alumnos/as de 4º,5º e 6º de primaria tocaron o himno galego.

 

 

Brinca vai

Hoxe movémonos o ritmo de .....

Con Paco Nogueiras e o seu espetáculo O Brinca vai .

 

Correlingua 2018

O correlingua de deste ano ten como lema

E para que non parara, recorrimos xunto a outros colexios incluso os institutos as rúas da Estrada.

  

    

      

O día do libro

Un ano mais chegou o 23 de abril ,día do libro.

Este ano para celebralo fixemos varias actividades .

Dende a biblioteca propuxeronnos

 Deixámosvos unha  mostra

ademais o alumnado de 1º e 2º ciclo leron en alto un cachiño do Quixote para todos .

 Rematando a sesión vendo un capítulo das aventuras De "Don Quijote de la Mancha"

Nas aulas leronse poesías,lendas ,historias...

 Ademais o 25 de esta semana veu a visitarnos Anxo Moure ,e a contarnos unhas historias sobre as árbores moi belas que nos fixeron vibrar.

 E para rematar a semana dedicada ao libro o alumnado de 1º de E.P. foron a Pontevedra (ver 1º curso) e o alumnado de 5º e 6º de E.P. a cidade da cultura ( ver  5º e 6º) .

A Radio no cole

Hoxe Radio Estrada ,trasladouse ao Perez Viondi para facer o seu programa de pola mañá.

Nós tamén participamos  xunto con Fran e Isa, os seus locutores .

Para comezar o programa interviron os representantes da AMPA ,a directora e a secretaria.

A continuación os nosos locutores de 6º de E.I.

                  

 Na conexión da 10:30 xa estaban os rapaces e rapazas de 1ºde E.P. preparados para falar .Algúns tiveron que facelo dende o público posto que non cabían todos na mesa.

                        

Despedimos a este grupo e xa estaban preparados os alumnos/as de 4º e 5º de E.P.

                                         

                                            

 E para rematar os nosos radiofonistas foron as alumnas/os de 6º de E.P.

  Grazas a Fran,a Isa ,a Pablo e a Pepe,locutores e director de Radio Estrada, por darnos a oportunidade de disfrutar de un programa en directo .Foi unha experiencia estupenda!.

Día internacional da muller

Hoxe para conmemorar o 8 de marzo día internacional da muller fixemos as seguintes pancartas

E.I

2º se E.P.

 E.P.

Ademais tivemos un concerto de música.Contamos con alumnas que nos tocaron diferentes instrumentos (panderetas,guitarras,piano,flauta traveseira, violín,violonchelo,clarinte,saxofón)

 

 

 

 

 

Mais tarde tivemos a visita de Sally Torres (homenaxeada este ano polo concello no día da muller) que despois de darnos unha charla ensinounos como se manexa na súa pala.

 

 

Celebramos o día de Rosalía

O venres 23 de febreiro celebramos o 181 aniversario do nacemento de Rosalía

Fixemos as seguintes actividades as 09:30 para 1º ,2º,3º de E.P.

Proxección do vídeo "Eu ben vin estar o moucho",lectura de poemas de cada curso e rematamos ca audición de unha canción "Non che teño medo moucho"

As 10:55 pasamos 4º ,5º ,6º E.P para escoitar aos alumnos/as de 6º se E.I cantarnos unha canción ,despois vimos a proxección do vídeo  "Eu ben vin estar o moucho",lectura de poemas de cada curso e rematamos coa audición da canción "Adiós ríos ,adiós fontes "

12:35 E.Infantil

Viron a proxección do vídeo " Eu ven vir estar o moucho" e despois as diferentes clases cantaron  a canción "non che teño medo moucho"

 

Distribuir contido