VISITA DE PAPÁ NOEL

 

Este ano tivemos a visita de Papá Noel, que recorreu todo o colexio, para contarnos sobre as súas viaxes. Ademais trouxo caramelos para todos.

FESTIVAL DE NADAL 2019

Un ano máis celebramos o festival de Nadal e invitamos a nais, pais e familiares a disfrutar das nosas actuacións.

Comezamos co alumnado de 4º de Educación Infantil que nos deleitaron co seu baile "VAN TRES REIS EN BICICLETA"

O alumnado de 4º de educación Primaria representou unha obra de teatro titulada "TODO É UN CONTO"

O alumnado de 2º de Educación Primaria animáronnos con un baile: "VOLVER A CASA POR NADAL"

Despois actuaron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, coa obra de teatro "AVOGADA E AS MULLERES"

 

E para rematar o alumnado de 5º de Educación Primaria interpretou a última actuación da noite: "A MAXIA DO CAMIÑO"

 

E agradecer aos nosos presentadores, que actuaron como verdadeiros profesionais.

 

NADAL SOLIDARIO

Mostrámonos solidarios levando un xersei con motivos navideños, para colaborar coa organización Save the children.

 

 E obtivemos o recoñecemento pola nosa participación

 

 

BO NADAL!!

 

 

 

SAMAÍN 2019

Celebramos o Samaín outro ano máis, fomos disfrazados e fixemos exposición de cabazas. Participamos todo o centro.

 

 

Aquí estamos os de primeiro posando cos nosos disfraces e as nosas cabazas:

 

En segundo estamos preparados para as próximas olimpiadas:

 

 

En terceiro tamén participamos coas nosas cabazas e os nosos disfraces:

 

Aquí estamos os de cuarto coas nosas cabazas:

 

O alumnado de quinto tamén participamos con unhas cabazas terroríficas:

 

En sexto expuxemos as nosas cabazas polos corredores tamén:

 

 

Todo o alumnado do centro, dende Infantil ata Primaria, intercambiamos postais con todos os centros de Educación Primaria de A Estrada e máis cos CEIP Os Muíñños de Muxía e o CEIP Antonio Carpinteiro de Arbo:

Para rematar o día fixemos un baile todo o alumnado:

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2019

O martes 18 de xuño o alumnado de infantil celebrou o fin de curso con un gran festival ateigado de música, baile, diversión e sobre todo moita emoción. As actuacións foron as seguintes:

4º A: baile " Eu son un artista"

4º B: baile  "La bamba"

5º A: baile " Dime que fixeches e onde estiveches"

5º B: interpretación do  poema " Mariñeiros"

6º A: representación do conto " A casa da mosca chosca"

6º B: baile " Isto bailase así"

6º C: baile" Baby shark"

 

 

     ENLACE VIDEO: 4º A        https://youtu.be/_0wPLXGn2Xs

   ENLACE VIDEO: 4º B     https://youtu.be/YSRPwtvqNsQ

   ENLACE VIDEO: 5º A   https://youtu.be/V_QbOAf3fN4

   ENLACE VIDEO: 5º B    https://youtu.be/13ELnbalAD8

   ENLACE VIDEO: 6º B    https://youtu.be/RYYMvgWI7c8

   ENLACE VIDEO: 6º C  https://youtu.be/rmaEg86PDm0

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

 No   festival das letras galegas este ano homenaxeamos a Antonio Fraguas, autor que tivo especial relación coa nosa vila, pois foi na Estrada onde comezou a súa labor docente.

Celebrámolo representando 3 obras de teatro, por parte do alumnado do Club da Lingua. 

Tamén participaron o alumnado de 1º de primaria poñendo o broche final  ao proxecto " coidamos o medio ambiente"  coa canción Á HORTA DE BALBINA .

 

 

LETRAS GALEGAS 2019

  O pasado 16 de maio celebramos o día das Letras Galegas adicado este ano, a Antonio Fraguas.

  Ademais de diversas actividades relacionadas con este autor, todo o centro participamos nun baile  levado a cabo dentro do proxecto deportivo de centro

" móvete + ".

  Outra actividade foi a representación  teatral da obra  a pulga e o piollo ( de Antonio Fraguas) por parte do alumnado de 1º B.

Ver video obra de teatro:

 

 

 

Por último, todo centro participamos nunha búsqueda do tesouro, organizada polos especialistas de educación física, no que tiñan que buscar pistas sobre vida e obra de autores galegos para coñecer de que autor se trataba.

 

 

CAMIÑANDO A SANTIAGO

Este ano estamos a facer no cole un proxecto sobre os camiños de Santiago. Entre eles, sobre o camiño da Xeira Romana e dos Arrieiros, que parte de Braga e despois de percorrer terras de Ourense e Pontevedra atravesa a nosa vila e entra na provincia da Coruña por Pontevea. Tamén ten outra variante que vai por Pardemarín, Ribeira e intérnase na provincia da Coruña por Sarandón.

Hoxe fomos peregrinos por un día e andamos parte dese camiño. O alumnado/a e mestres/as de 3º a 6º curso de Educación Primaria camiñamos dende Tabeirós á Estrada e os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria fixémolo dende as escolas de Guimarei.

Mentres camiñamos fixámonos en algunhas construcións que hai neste tramo do camiño e  teñen a Santiago coma protagonista: o peto de ánimas coa súa inscrición " Al Caminante" , a ermida da Consolación construida en 1680 porque se atopou alí unha imaxe da virxe e onde hai unha imaxe de Santiago Matamouros de peregrino, a igrexa de Tabeirós onde se atopa outra imaxe do apóstolo mirando cara Compostela, para indicarlle aos peregrinos por onde teñen que ir. Entramos en Guimarei pola Ponte de Xerliz e preto de alí hai un cruceiro coa figura do apóstolo e a igrexa parroquial dedicada a San Xiao. Pasamos ao lado da Torre de Guimarei e xa na vila chegamos de volta ao cole!

 

ENTROIDO 2019

 

Durante esta semana, os nenos e nenas seguimos os mandados de Viondiño. Comezando polo sombreiro, cada día fomos engadindo complementos ao noso traxe ata convertirnos en auténticos peregrinos! 

 

 

Chegou o gran día da festa do Entroido. Para celebralo viñemos tódolos nenos e nenas disfrazados do que mais nos gustaba, comemos produtos típicos desta data e bailamos sen parar.

Ademais fixemos un atranque como o xenerais do Ulla, neste enlace pódese ver que ben o fixemos.https://youtu.be/slOKOF-yW9w

QUE VIVA O ENTROIDO NO  PÉREZ VIONDI!

  

 

VISITA DE PAPA NOEL

COA VISITA DE PAPA NOEL E UNHA GRAN FESTA DE FIN DE ANO, DESPEDIMOS ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE.

OS VIONDIÑOS E VIONDIÑAS DESEXÁMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN ANO CARGADO DE DESEXOS!

 

 

Distribuir contido