VISITA DE PAPÁ NOEL
Enviado por ADMIN o 28 Decembro, 2019 - 19:27
Este ano tivemos a visita de Papá Noel, que recorreu todo o colexio, para contarnos sobre as súas viaxes. Ademais trouxo caramelos para todos.
FESTIVAL DE NADAL 2019
Enviado por ADMIN o 25 Decembro, 2019 - 19:47Un ano máis celebramos o festival de Nadal e invitamos a nais, pais e familiares a disfrutar das nosas actuacións.
Comezamos co alumnado de 4º de Educación Infantil que nos deleitaron co seu baile "VAN TRES REIS EN BICICLETA"
O alumnado de 4º de educación Primaria representou unha obra de teatro titulada "TODO É UN CONTO"
O alumnado de 2º de Educación Primaria animáronnos con un baile: "VOLVER A CASA POR NADAL"
Despois actuaron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, coa obra de teatro "AVOGADA E AS MULLERES"
E para rematar o alumnado de 5º de Educación Primaria interpretou a última actuación da noite: "A MAXIA DO CAMIÑO"
E agradecer aos nosos presentadores, que actuaron como verdadeiros profesionais.
NADAL SOLIDARIO
Enviado por ADMIN o 18 Decembro, 2019 - 18:01Mostrámonos solidarios levando un xersei con motivos navideños, para colaborar coa organización Save the children.
E obtivemos o recoñecemento pola nosa participación
BO NADAL!!
SAMAÍN 2019
Enviado por ADMIN o 30 Outubro, 2019 - 21:45Celebramos o Samaín outro ano máis, fomos disfrazados e fixemos exposición de cabazas. Participamos todo o centro.
Aquí estamos os de primeiro posando cos nosos disfraces e as nosas cabazas:
En segundo estamos preparados para as próximas olimpiadas:
En terceiro tamén participamos coas nosas cabazas e os nosos disfraces:
Aquí estamos os de cuarto coas nosas cabazas:
O alumnado de quinto tamén participamos con unhas cabazas terroríficas:
En sexto expuxemos as nosas cabazas polos corredores tamén:
Todo o alumnado do centro, dende Infantil ata Primaria, intercambiamos postais con todos os centros de Educación Primaria de A Estrada e máis cos CEIP Os Muíñños de Muxía e o CEIP Antonio Carpinteiro de Arbo:
Para rematar o día fixemos un baile todo o alumnado:
FESTIVAL FIN DE CURSO 2019
Enviado por ADMIN o 21 Xuño, 2019 - 08:24O martes 18 de xuño o alumnado de infantil celebrou o fin de curso con un gran festival ateigado de música, baile, diversión e sobre todo moita emoción. As actuacións foron as seguintes:
4º A: baile " Eu son un artista"
4º B: baile "La bamba"
5º A: baile " Dime que fixeches e onde estiveches"
5º B: interpretación do poema " Mariñeiros"
6º A: representación do conto " A casa da mosca chosca"
6º B: baile " Isto bailase así"
6º C: baile" Baby shark"
ENLACE VIDEO: 4º A https://youtu.be/_0wPLXGn2Xs
ENLACE VIDEO: 4º B https://youtu.be/YSRPwtvqNsQ
ENLACE VIDEO: 5º A https://youtu.be/V_QbOAf3fN4
ENLACE VIDEO: 5º B https://youtu.be/13ELnbalAD8
ENLACE VIDEO: 6º B https://youtu.be/RYYMvgWI7c8
ENLACE VIDEO: 6º C https://youtu.be/rmaEg86PDm0
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por ADMIN o 31 Maio, 2019 - 12:53No festival das letras galegas este ano homenaxeamos a Antonio Fraguas, autor que tivo especial relación coa nosa vila, pois foi na Estrada onde comezou a súa labor docente.
Celebrámolo representando 3 obras de teatro, por parte do alumnado do Club da Lingua.
Tamén participaron o alumnado de 1º de primaria poñendo o broche final ao proxecto " coidamos o medio ambiente" coa canción Á HORTA DE BALBINA .
LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por ADMIN o 24 Maio, 2019 - 11:20O pasado 16 de maio celebramos o día das Letras Galegas adicado este ano, a Antonio Fraguas.
Ademais de diversas actividades relacionadas con este autor, todo o centro participamos nun baile levado a cabo dentro do proxecto deportivo de centro
" móvete + ".
Outra actividade foi a representación teatral da obra a pulga e o piollo ( de Antonio Fraguas) por parte do alumnado de 1º B.
Ver video obra de teatro:
Por último, todo centro participamos nunha búsqueda do tesouro, organizada polos especialistas de educación física, no que tiñan que buscar pistas sobre vida e obra de autores galegos para coñecer de que autor se trataba.
CAMIÑANDO A SANTIAGO
Enviado por ADMIN o 3 Maio, 2019 - 12:42Este ano estamos a facer no cole un proxecto sobre os camiños de Santiago. Entre eles, sobre o camiño da Xeira Romana e dos Arrieiros, que parte de Braga e despois de percorrer terras de Ourense e Pontevedra atravesa a nosa vila e entra na provincia da Coruña por Pontevea. Tamén ten outra variante que vai por Pardemarín, Ribeira e intérnase na provincia da Coruña por Sarandón.
Hoxe fomos peregrinos por un día e andamos parte dese camiño. O alumnado/a e mestres/as de 3º a 6º curso de Educación Primaria camiñamos dende Tabeirós á Estrada e os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria fixémolo dende as escolas de Guimarei.
Mentres camiñamos fixámonos en algunhas construcións que hai neste tramo do camiño e teñen a Santiago coma protagonista: o peto de ánimas coa súa inscrición " Al Caminante" , a ermida da Consolación construida en 1680 porque se atopou alí unha imaxe da virxe e onde hai unha imaxe de Santiago Matamouros de peregrino, a igrexa de Tabeirós onde se atopa outra imaxe do apóstolo mirando cara Compostela, para indicarlle aos peregrinos por onde teñen que ir. Entramos en Guimarei pola Ponte de Xerliz e preto de alí hai un cruceiro coa figura do apóstolo e a igrexa parroquial dedicada a San Xiao. Pasamos ao lado da Torre de Guimarei e xa na vila chegamos de volta ao cole!
ENTROIDO 2019
Enviado por ADMIN o 1 Marzo, 2019 - 10:04
Durante esta semana, os nenos e nenas seguimos os mandados de Viondiño. Comezando polo sombreiro, cada día fomos engadindo complementos ao noso traxe ata convertirnos en auténticos peregrinos!
Chegou o gran día da festa do Entroido. Para celebralo viñemos tódolos nenos e nenas disfrazados do que mais nos gustaba, comemos produtos típicos desta data e bailamos sen parar.
Ademais fixemos un atranque como o xenerais do Ulla, neste enlace pódese ver que ben o fixemos.https://youtu.be/slOKOF-yW9w
QUE VIVA O ENTROIDO NO PÉREZ VIONDI!
VISITA DE PAPA NOEL
Enviado por ADMIN o 21 Decembro, 2018 - 13:25COA VISITA DE PAPA NOEL E UNHA GRAN FESTA DE FIN DE ANO, DESPEDIMOS ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE.
OS VIONDIÑOS E VIONDIÑAS DESEXÁMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN ANO CARGADO DE DESEXOS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »
