Audición e Linguaxe

Dende a aula de A.L.déixovos estas recomendacións:

Traballamos as praxias:

1-Sacar a lingua e metela dentro da boca ,varias veces.

2-Intentar tocar coa punta da lingua o nariz e o queixo.

3-Mover a lingua do lado esquerdo ao lado dereito da boca.

4-Relamber os beizos e os dentes.

5-Facer o xesto de bicar.

6-Apoiar a punta da lingua por detrás dos dentes de abaixo e de arriba.

7-Apoiar a punta da lingua por diante dos dentes de abaixo e de arriba.

Traballamos o sopro:

1-Inspiramos (collemos aire polo nariz) expiramos (soltamos o aire pola boca)varias veces.

2-Soplamos papeis,tapóns de corcho ,todo o que se vos ocurra ,pero collendo aire polo nariz e soltandoo pola boca.

Traballamos onomatopeias:

1-Imitamos animais (tigre,león ,ra,ovella,galiña ,serpe...)

2-Imitamos os sons de unha campá,de un coche,do aire soprando,das sirenas das ambulancias ,dos bombeiros ,da policía...

Realizamos xogos, como as palabras encadenadas,palabras que empecen por un fonema (que antes acordáramos), lecturas de palabras .

Repetimos trabalinguas,aprendemos adiviñas,cantamos cancións...

Inventamos pequenos contos ,lemos contos,comentamos contos ,ou outras lecturas.

 

Recomendacións de Actividades para Infantil durante o Estado de Alarma

O EQUIPO  DE EDUCACIÓN INFANTIL QUEREMOS DARVOS UNHAS IDEAS DE TRABALLO E UNS CONSELLOS PARA LEVAR A CABO MENTRES DURE O ESTADO DE ALARMA DECRETADO POLO GOBERNO

Actividades de inglés 3º

Ola a todos/as, aquí tendes unhas actividades  para estes días de confinamento. Recórdovos que podedes ir á páxina do noso libro online e entrar nela co voso contrasinal para escoitar alí o vocabulario, a canción e os xogos.

Actividades para 3º nivel. Clica en adxuntos.

 

Aquí tendes unha páxina onde atoparedes diferentes xogos. Clica

 

 Ola de novo.

Espero que non se vos faga moi duro o confinamento. Para que se vos faga máis levadeiro e para que sigades traballando, engado un enlace ao noso libro online . Alí podedes facer actividades de repaso das unidades traballadas. Aquí   Por se alguén non estivera rexistrado podedes usar: 

username : perezviondi 

Password: perezviondi

 

Tamén podedes ir a Macmillan Pupils Corner onde atoparedes diferentes tipos de xogos: Clica.

Entrades co username: macmillancds

Password:macmillan

Ánimo.

 

LUNS 30 DE MARZO

Ola a todas e todos, a partires do 30 de marzo ás 11 horas poderedes ver un vídeo de luns a venres e facer algunhas actividades relacionadas clicando no seguinte enlace:Story Corner.

Espero que vos gusten.

Ola de novo, en adiante irei engadindo  fichas en adxuntos. Non necesitades imprimilas, podedes facelas nun folio ou libreta.

Deixo o meu correo por se queredes preguntar algo:mtcarbajales@edu.xunta.es 

 

 

INGLÉS 1º E 2º - E.I

 

Bo día familias,quero compartir con vós unha páxina que me parece interesante para os nenos e nenas; trátase dunha serie de historias contadas por unha mestra. Son todos os días a partires das 11h; pero pódense ver despois e tamén en youtube: "macmillan story corner". Déixo aquí o enlace: https://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/macmillan-live/#macmillan_story_corner

 

Saúdos e ánimo

 

 

 

Recomendacións para practicar inglés para o alumnado de 1º EP, 2º EP e E. Infantil.

Podedes visitar estas páxinas web e practicar con elas.

Un saúdo.

ENGLISH FOR CHILDREN

CBEEBIES

 

Ola familias, espero que esteades ben e levedes esta situación con calma e do mellor xeito posible. Para o alumnado de 1º e 2º de EP, decirvos que podedes acceder á páxina da editorial coa que traballamos, https://www.macmillaneducation.es/. En esta páxina, na parte superior dereita, aparece "pupil's corner"; dende este lugar e rexintrándose, podedes acceder a material dos libros "Heroes", como vídeos das unidades, Life skills...

https://www.macmillaneducation.es/pupils-corner/

Deixo aquí unha foto:

 

 

Estaremos en contacto e seguirei engadindo material para que estes días na casa sexan o máis levadeiros posible.

Un saúdo especial para o alumnado. Ánimo!! 

 

 

2º CURSO ACTIVIDADES

Estas son as actividades que podedes realizar mentres dure esta situación.

Cada semana iremos subindo novos recursos.

Recomendamos facer unha ficha de matemáticas e outra de lingua cada día, de luna a venres. Pero podedes realizalo como queirades.

Se tendes algunha dúbida e necesitades poñervos en contacto coas mestras, achegamos os nosos enderezos electrónicos:

duran@edu.xunta.gal

rocalvino@edu.xunta.gal

Moitas grazas e saúdos.

 

 

3º PRIMARIA 19-20

Ola!:

Aquí iremos colgando actividades para este tempo en que non nos veremos.

A maioría  son de repaso, outras novas e diferentes.

Intentade facelas e non vos preocupedes se algunha non sae.

Ánimo!

ACTIVIDADES RECOMENDADAS para ESTE ESTADO. Cuarto curso (4º).

 

Bos días.

Pulsando en "Adxuntos" teñen actividades para realizar. Son de repaso.       

Un saúdo.     

                                                                                                                    

                                                                                                                      

SE TES ALGUNHA DÚBIDA OU PREGUNTA  (Fai click aquí)

Si tienes alguna duda o sugerencia te atenderemos.

  IMPORTANTE: CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN. (Seguir enlace).                                   

                                                                          contador de visitas

MARZO

ENTROIDO 2020

Log de unha semana preparándonos coas consignas de Viondiño, chegou o día da celebración do Entroido. Nos disfrazamos para disfrutar este día, e ata viñeron os Xenerais cos seus atrancos. Despois fixemos un desfile.

BAILANDO CON MYLANA

A entrenadora persoal Mylana Hearn, visitounos desde Texas e impartiu unha clase de zumba a todo o alumnado do centro.

Con esta actividade queremos destacar o papel da muller no deporte, e incluíla nos proxectos do centro, as olimpíadas e os hábitos saudables.

 

Distribuir contido