Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril é o día do libro. Como este ano non podemos celebralo xuntos , a biblioteca do Pérez Viondi proponlle á comunidade educativa as seguinte actividades:
 
Facer un debuxo, vídeo, , historia...ou o que se vos ocurra sobre estes días que levades de confinamento
Facer un video lendo un contiño para a vosa familia ou deles para vos
Facer un marca paxinas
Facer un debuxo sobre un libro que vos guste
Facer unha foto vosa cun libro que estedes lendo
 
Se facedes algunha destas actividades enviadea, antes das 24 horas do dia 24 de abril,ó correo da biblioteca , bibliotecaviondi@gmail.com
 
Con todolos traballos recibidos, editaremos un libro virtual que publicaremos no blog da biblioteca, https://bibliotecaviondi.blogspot.com/


blog | by Dr. Radut