Skip to Content

Visita a casa do Concello

O 23 de outubro o alumnado de 3º curso visitou a casa do Concello, onde foron recibidos por o Sr. Alcalde e a Concelleira de Educación.

No salón de plenos escenificaron dous plenos, onde os alumnos/as presentaron as súas propostas . O primeiro sobre a ampliación da Alameda. Os alumnos /as concelleiros/as propuxeron aproveitar esta ampliación para crear un parque para cans e facer un circuito de bicis e patíns sin esquecer unha pista de fútbol e baloncesto. 

O grupo que debateu sobre as melloras no colexio propuxeron facer un patio cuberto e algunha zona verde, así coma mellorar o camiño de acceso ao aparcamento.

 



story | by Dr. Radut