Día da Paz no CEIP Pérez Viondi.

O alumnado do CEIP pérez Viondi conmemorou o día da Paz saíndo todos xuntos ao patio formando a palabra PAZ e cantando a canción "We are the World", de Michael Jackson. Despois da canción soltaron os globos. Despois os de 3º e 4º asistiron a unha conferencia sobre as pombas mensaxeiras impartida por J. Alberto Baños, o pai de Hugo e Nicolás Baños. Aquí queda o vídeo.