Skip to Content

Dependencias

 

O CEIP Pérez Viondi consta de catro edificios dentro do mesmo recinto:

ceip perez viondi

1.- Edificio de educación primaria, de antiga construción.

2.- Edificio de educación infantil, de recente construción, 2012.

3.- Ximnasio, da mesma antigüidade ca o edificio de primaria.

4.- Pavillón polideportivo, construído polo concello.

No edificio de educación primaria atópanse 18 aulas (6 delas Abalar), tres aulas de idiomas, dúas aulas de informática (unha delas empregada pola ANPA para actividades extraescolares), unha biblioteca, dúas aulas de PT, unha aula de AL, unha aula de música, un salón de actos e unha sala de mestres.

No edificio de educación infantil hai 9 aulas, unha aula de psicomotricidade, o departamento de orientación, un despacho de Audición e Linguaxe e outro de Pedagoxía Terapéutica, unha sala de mestres, o despacho de dirección, administración, a secretaría e a xefatura de estudos.

 

 



page | by Dr. Radut