Skip to Content

TECENDO CON ROSALÍA

A profe Fina compartiu con nós a experiencia de tecer o tapiz de Rosalía, coas súas compañeiras do " Colectivo Feminista Deza- Tabeirós", para celebrar o 183 aniversario do nacemento da escritora.

No tapiz, quixeron plasmar o universo de Rosalía, as paisaxes, as viúvas de vivos e mortos, o feminismo, a xanela que pediu abrir para o mar, a xustiza pola man  e a estrela do firmamento que leva o seu nome.

Aprendemos moitas cousas. Grazas Fina por compartir o teu tempo e saber con nós.



story | by Dr. Radut