blogue deGonzalo

CADERNO VERDE

O próximo 8 de xuño celébrase o Día dos Océanos e, con tal fin, tedes publicado na plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”, cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Familia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo.

 

Son as seguintes:

 

·         Mapa do tesouro.

·         Animais en perigo polo plástico.

·         Protexendo as aves.

·         Os restos da merenda

 

http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/  

 

Agardo que vos guste e pasedes un rato divertido aprendendo a coidar os nosos mares e océanos e, en definitiva, o noso planeta!!

ACTIVIDADES DE REPASO 1º, 2º E 3º

Bos días a tod@s!!

En primeiro lugar quero darvos moitos ánimos, que xa está rematando o curso!!! Para iso mándovos un par de fichas de repaso de cousiñas traballadas na aula. Espero que vos gusten e vos divirtades con elas. 

Simplemente tedes que PINCHAR en cada un dos 2 ENLACES que vos poño para cada curso e xa vos aparece a ficha. COMPLETADES a ficha e ao rematar premedes en TERMINADO, cubrides co voso NOME e APELIDOS e premedes en ENVIAR. Dese xeito xa me chegan a min as fichas cubertas. Calquera dúbida ou problema non dudedes en poñerse en contacto conmigo por correo: gonzaloif@edu.xunta.es.

 

REPASO 1º

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=1%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=vqj07f0id3&is=y&ia=y&l=rd&i=dzsxts&r=cu

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=1%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=vqj07f0id3&is=y&ia=y&l=eh&i=unxcxs&r=tg

 

REPASO 2º

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=2%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=vqj07f0id3&is=y&ia=y&l=ps&i=uofsfz&r=xh

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=2%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=vqj07f0id3&is=y&ia=y&l=yd&i=dsxtut&r=yo

 

REPASO 3º

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=3%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=vqj07f0id3&is=y&ia=y&l=cx&i=dtfunt&r=zs

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=3%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=vqj07f0id3&is=y&ia=y&l=tg&i=dncsct&r=pk

 

Unha aperta moi grande para tod@s e moito ánimo!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES SOGAMA

No marco da conmemoración do Día das Letras Galegas,  a plataforma educativa de Sogama www.cadernoverde.gal difundiu unha serie de recursos para as aulas de Lingua Galega.

 

O mar e os residuos constitúen as temáticas centrais das últimas tres unidades didácticas, que están orientadas aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria.

 

Son as seguintes:

 

·         Problema nos océanos: http://www.cadernoverde.gal/problema-nos-oceanos/

 

·         Mariñeiras a proa! http://www.cadernoverde.gal/marineiras-a-proa/

 

·         Percorrendo a costa para limpar: http://www.cadernoverde.gal/percorrendo-a-costa-para-limpar/

 

ACTIVIDADES MÚSICA MAIO

Bos días!

Aquí vos deixamos novas actividades para o mes de maio. Agardamos que vos gusten e vos animedes a practicar.

Iremos colgando algunha que outra actividade ao longo do mes. 

Recórdovos que podedes contactar con nós mediante os correos electrónicos por calqueira cuestión que necesitedes.

Un saúdo para tod@s e moito ánimo!!

Mabel e Gonzalo

CADERNO VERDE

Como sabedes, o noso cole está inmerso no programa “Recíclate con Sogama”, onde estivemos levando a cabo durante este curso diferentes actividades e incluso unha visita á nave de SOGAMA en Cerceda co alumnado de 5º de primaria.

Coa finalidade de aportar o seu gran de area, e que sigamos cos bos hábitos, propóñennos unha serie de actividades nunha edición especial de "Caderno verde" que publicaron con motivo do confinamento para que os nenos e nenas poidades seguir traballando na casa. Son 15 unidades didácticas con actividades online sobre bos hábitos para facer fronte ao Covid-19, incluindo tamén algunhas cuestións de reciclaxe.

 

#EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde www.cadernoverde.gal

ACTIVIDADE CON AUGA E ROTUS

Boas a tod@s!!

Deixámosvos aquí un vídeo cunha actividade de música para tódalas idades. É moi divertida e fácil para realizar en familia, ao mesmo tempo que repasamos cousiñas e espertamos a nosa creatividade!!

Moito ánimo e agardamos que vos divirtades!!

Mabel e Gonzalo

ACTIVIDADES RECOMENDADAS DENDE ED. MUSICAL PARA PASAR ESTES DÍAS O MÁIS AMENOS POSIBLES XOGANDO COA MÚSICA!!

Hola familias!!

Como ben sabedes tod@s, estamos a pasar unha situación delicada que aínda non sabemos moi ben o tempo que durará. Dende a área de música quero facervos chegar unha serie de recomendacións, ideas ou actividades relacionadas coa música para que esas semanas se fagan o máis amenas posibles e qué mellor maneira que facelo xogando coa música:

- Escoitar música cos vosos fillos e fillas. Calquera tipo de música, dende cancións infantís, populares, clásica, modernas,.... hai tempo para todo tipo e é recomendable escoitar todo tipo de música.

- Ao mesmo tempo que escoitamos música podemos cantar as cancións (si sabemos a letra) ou incluso improvisala, xa que é un modo de traballar a acentuación das palabras coa acentuación musical.

- Tamén é moi recomendable bailar ao ritmo da música ou simplemente moverse ao ritmo das cancións. Podemos incluso marcar o ritmo con calquera tipo e instrumento de percusión que teñamos pola casa, ou con percusión corporal (palmas, pés, ...), ou tamén con calquera obxecto co cal poidamos facer música.

- Outro punto interesante sería a dramatización de cancións ou contos musicados, acompañando a música con movementos asociados á letra da canción ou interpretando os contos cos distintos personaxes onde poden participar todos os membros da familia.

- Por último tamén é un bo xeito de pasar estes días creando os nosos propios instrumentos con materiais de refugallo (tambores, maracas, ...). Existen moitos titoriais en youtube de cómo facelos, pero tamén sería interesante usar a creatividade dos nenos e nenas e discurrir eles/as mesmos/as os seus instrumentos. Se alguén se anima pode traer os instrumentos creados cando se retomen as clases e explicarnos o que fixo e cómo o fixo.

Seguirei poñendo cousiñas ou enlaces de cousas interesantes que poidamos facer durante este tempo.

Moito ánimo a tod@s!! E recordar que a música sempre nos fai a vida un pouquiño máis agradable!!

Un saúdo!

Distribuir contido