Skip to Content

Escolarización 2018/19

 

Escolarización 2018 – 2019

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017/18

Reserva de praza

Do 1 ao 15 de febreiro

Publicación de vacantes

1 de marzo

Presentación de solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril

Publicación de listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula

Do 20 ao 30 de xuño

 

Dende o 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado. A documentación que deben presentar é a seguinte:

 Impreso de solicitude de admisión – Anexo II (poden recollelo no centro).

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

  • Documento acretitativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Só se pode presentar unha solicitude, no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma fará perder o dereito de todas as solicitudes presentadas.

Este curso a reserva de praza e admisión de alumnado tamén é xestionado por unha nova aplicación da Consellería que permite facer os trámites a través de internet: admisionalumnado.

Ademais, existe a sede electrónica da Xunta de Galicia, onde poden consultar dúbidas sobre o proceso e obter o Anexo II que hai que cubrir e entregar no centro.

No caso de cambiar de centro, os pais/nais ou titores legais do alumnado, deberanlle remitir ao centro de procedencia unha copia da solicitude que formulen para ser admitidos noutro centro.

Se finalizado o prazo de matrícula non se formalizase a mesma, decaerá o dereito á praza obtida.

 

AdxuntoTamaño
Informacion e prazos.odt43.77 KB
impresoformalizacion_matricula_galego_0.pdf427.8 KB
documentos a entregar coa matricula.pdf49.2 KB
Normativa reguladora.odt40.07 KB


page | by Dr. Radut