Skip to Content

Aulas de educación infantil

Saída ao multiusos - Educación Infantil

EDUCACIÓN VIAL 4 ANOS

AMIGO LOBO

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil preparamos con moito traballo un video para rematar o noso proxecto de lobos.

Moitas grazas ás familias e as profes por axudarnos a realizar este proxecto. Esperamos que disfrutedes tanto coma nós.

Lembrade que tamén podedes ver o video no blog de Infantil.

VISITA DOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL AO MARCO

O alumnado de infantil pasouno en grande coa saída ao MARCO

 


FESTIVAL DE NADAL

Damos a noraboa aos pequenos e pequenas artistas polo seu gran traballo e, sen dúbida, ás mestras!

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN

Ao subir os vídeos á páxina web perden calidade. Para poder descargalo coa mellor calidade clicade na seguinte palabra: FESTIVAL

GRADUACIÓN INFANTIL

Os alumnos de 5 anos estamos rematando a nosa etapa en Infantil. Chegamos ao cole moi pequeniños e agora, despois de moitas experiencias e aprendizaxes, xa estamos preparados para unha nova andaina na Educación Primaria.

Este venres 12 de xuño, celebramos un emotivo acto de despedida: representamos un teatro de sombras cun texto elaborado polo nenos e nenas, bailamos, visualizamos unha vídeo-montaxe recordatoria destes tres anos e a modo simbólico saltamos un pódium.

As titoras estamos moi agradecidas coas familias polo seu apoio e tamén coa colaboración das mestras que nos axudaron para que este festival fora posíbel. É díficil para nos despedirnos porque xa formamos unha gran familia, pero rememorando as palabras dos nen@s:

"SEMPRE VOS LEVAREMOS NOS NOSOS CORAZÓNS"

 

 

EXCURSIÓN TUI

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS UN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO... SOMOS UNS PEREGRINOS MOI DIVERTIDOS!!!!!

 

VISITA DE XOSÉ TOMÁS

O martes os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a sorte de coñecer a Xosé Tomás, escritor e ilustrador dos libros de Rodribico, que tanto lles encanta. Se clicades nel iredes ao blogue da Biblioteca e poderedes recordar ese gran día!

 

Saída ao Monte Comunal de Tameiga

A proposta dos membros do Monte Comunal de Tameiga e para celebrar o Día da Árbore (21 de Marzo), todo o alumnado do CEIP Pena de Francia colaborou na repoboación dos montes da zona.

TALLER DE EDUCACIÓN VIAL

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL 4 ANOS PASÁMOLO BOMBA NO CIRCUITO QUE FIXEMOSNO PATIO DO COLE...

 

 

 

 

 

 

                 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN A INDIANA BILL

O venres 27 de febreiro, os nenos e nenas de infantil pasámolo xenial en Indiana Bill...

 

SAÍMOS NA TVG

O alumnado de Educación Infantil realizou unha visita ao Castelo de Sobroso. Se queres vernos saímos na TVG, no programa "COS PÉS NA TERRA". 

Eiquí vos deixamos algunhas das imaxes emitidas na TVG.

 

Se queredes disfrutar do programa, só tedes que clicar no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/ilda-e-rafa-daniel-martin-e-esteban

UN ENTROIDO MEDIEVAL!!

O venres 13 conmemoramos o Entroido no colexio.

Seguindo o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre a Idade Media, chegaron dende moi lonxe uns divertidos bufóns, uns magníficos feiticeiros, a nosa nobleza de damas e cabaleiros, sen esquecer aos campesiños e bispos. Todo amenizado cuns grans xograres, mesoneiros e cos distintos oficios medievais. Foi un día cheo de emocións!!

Queredes voltar compartilas con nós?

As fotografías atópanse na Galería da páxina web.

 

 

 

 

 

 OS BUFÓNS INFantil

AS DAMAS E OS CABALEIROS 1º

OS CAMPESIÑOS E AS CAMPESIÑAS 2º

 

 OS MESONEIROS E AS MESONEIRAS 3º   

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºA

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºB

OS FEITICEIROS E AS FEITICEIRAS 5º

AS E OS XOGRARES 6º

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA

ASISTENCIA.

NORABOA AOS ARTISTAS E AOS MESTRES/AS!

 

VISITA CASTELO DE SOBROSO

Que ben o pasamos os nenos e nenas de infantil na excursión ao Castelo de Sobroso!

FESTIVAL DE NADAL

No seguinte video poderedes ver as actuacións do alumnado de Educación Infantil no Festival de Nadal.

Damos a noraboa aos pequenos e pequenas artistas polo seu gran traballo e, sen dúbida, ás mestras!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut