Skip to Content

Sexto

SPRING FRUIT

Seguímos concienciando ao noso alumnado da importancia do consumo de froita de temporada. Este é un bo momento para consumir as fresas.

GRADUACIÓN 6º DE PRIMARIA

OS DE 6º RAPEANDO

FESTIVAL FIN DE CURSO 6º DE PRIMARIA

 

 

GRADUACIÓNS 6º DE PRIMARIA

  

 

  

 

  

QUE NON CHO CONTEN!!!

O festival do cal fala todo o mundo está a piques de comezar.

O día 21 de xuño, de 11:30 a 14:00 horas non te perdas o festival de fin de curso do alumnado de 6º que se despiden do noso cole.

Como aperitivo un trailer da excursión de fin de curso.

 

 

Para ver máis non faltes! Que non cho conten!!

TALLER DE COCIÑA

Para rematar, o alumnado de 1º e 2º, despois de recompilar receitas de canapés e bocadiños elaborados con conservas do mar, leváronas a cabo nun taller de cociña.

Estes aperitivos eran un agasallo de fin de curso para o alumnado de 6º de Educación Primaria que, a partir do curso que ven, inician unha nova etapa.

Aquí podedes ver a experiencia levada a cabo polo noso alumnado.

 

 


OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DIXERON QUE ESTABA TODO BOÍSIMO!!!

FESTIVAL DE CANS

 

Os alumnos de 5º e  6º fixemos unha visita ao Festival de Cans. Alí puidemos ver diferentes curtos no baixo de Bugarín. Ademais recorremos os espacios máis emblemáticos do pobo como o torneiro onde nos fotografiamos nun chimpín, entramos no galiñeiro onde se fan os concertos e estivemos nas leiras onde se fan os coloquios cos directores. Foi un gran día e pasámolo de cine!!!

OBRADOIRO DE DOBRAXE EN GALEGO

O mércores 13 abril o alumnado de 5º e 6º EP realizou unha interesante actividade: un obradoiro de interpretación da lectura, impartido por Damián Alonso, actor de dobraxe e con experiencia en locución, publicidade, narración….

O obradoiro foi totalmente práctico e participativo e o alumnado puido facer unha lectura interpretada de distintos tipos de guión coas indicacións que o poñente lle ía dando.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os nenos de quinto e sexto celebran o Día Internacional da Muller a través dunha xornada de igualdade con divertidas dinámicas de grupo. Podedes vernos nas seguintes imaxes:

 



A MAXIA DAS ILLAS

Ola a tod@s!!

Con esta entrada queremos felicitar a nosa compañeira María Calvar Giraldez polo 3º premio conseguido no Gran Concurso de Redacción "Ciés, o paraíso de todos". 

A continuación tedes o relato.

 

"A MAXIA DAS ILLAS"

Nun día moi escuro que case parecía noite e o vento sopraba con forza como nunca antes o fixera, saín voando empuxada por el, e caín nas Illas Cíes.

 

Co vento a fina area amontoábase, e nunha desas pequenas dunas atopei unha mensaxe nunha botellas, saqueina e poñía:

 

"Nestas illas existe unha porta nalgún recuncho,

quen a atope e a abra, será seu un gran tesouro.

Pero esa porta cambia de lugar cando alguén que é avaricioso e ruin,

malo ou malvado achégase.

Se atopaches este mapa é que a porta te chama."

 


Despois de deime a volta, mirei o lago, sen pensalo empecei a camiñar cara el e fun andando por enriba da auga ata chegar ao centro, parei e mergulleime, podía respirar, mirei un gran penedo e despois alí apareceu a porta, abrina e unha morea de sentimentos e desexos caeron sobre min: liberdade, paz, tranquilidade, respecto, amor, agarimo, amizade, sensibilidade, bondade...

 

Aparecín na Praia de Rodas, só sei que todo aquilo foi maxia... A porta segue nalgún lugar das Illas Cíes. E se es ti que a atopa?

 

FIN

María Calvar Giráldez

SAÍDA AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O pasado mércores 21 de outubro as nenas e nenos de 6º visitamos o Centro de Investigación Forestal de Lourizán situado na locaclidade de Marín. Foi creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto. 

Destacar o valor científico, constituíndo un banco de probas para testa-la adaptación ás nosas condicións climáticas; valor pedagóxico, sendo unha visita obrigatoria para a comunidade educativa; valor estético, especialmente destacado en primavera e outono, e valor sociolóxico, contribuíndo o espallamento dos habitantes da zona, sendo destacable o elevado número de parellas recen casadas que acoden a facer as súas primeiras fotos.

 Alí puidemos apreciar parte da gran diversidade de árbores de todo o mundo, pasar por unha gruta, beber na fonte dos espellos, pasar polo invernadoiro e mesmo ver un hórreo de 1798.

Disfrutamos moito!

 

EXCURSIÓN FIN DE PRIMARIA

Por fin chegou a tan ansiada viaxe!

O alumnado de 6º, tras rematar o seu paso polo Cole, dinos adeus. Para despedirse como a ocasión o merece, fixemos unha saída de dous días á Coruña, na que disfrutamos da compañía dos amigos e amigas e vivimos novas e agradables experiencias.

A primeira foi facer o traxecto no recén inaugurado tren de velocidade alta, noviño, relucente e sobre todo rápido: ao saír do túnel estábamos xa en Redondela!

Ese día non paramos: primeiro visitamos o MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía), alí fixemos un xogo-repaso dos inventos máis salientables do século XX; despois refrescámonos na Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae) e repuxemos forzas comendo nun parque entre a praia e a Torre de Hércules; esta era a seguinte visita, pagou a pena subir ao faro máis antigo do mundo aínda en funcionamento!  Despois xogamos na Casa das Ciencias e paseamos polo espazo no Planetario. O día deu moito de si! Aínda faltaba instalarnos no albergue, na Praia de Santa Cruz, cea e xogo nocturno antes de caír rendidos e durmir (¿????).

Ao día seguinte, o complemento á cultura foi o deporte: tiro con arco, ping-pong, escalada, “béisbol” e o que máis nos gustou: canoa e baño, aínda que unhas nubes nos xogaron unha mala pasada e caíron unhas gotas, das que non fixemos moito caso… Rematamos coa visita á Cidade Vella, paseo, compras, xeado e volta á estación, que o tren non agarda… Que rápido pasou todo!!

Penso que o vivido estes dous días quedará gravado na nosa memoria e no noso corazón moito tempo. A convivencia amosou que somos moito máis que compañeir@s.

 

VISITA A SANTIAGO!

O martes 19, fomos os nenos de 5º e 6º a visitar a Catedral de Santiago.

Antes de ir a ver a Catedral paramos en Padrón a ver a casa de Rosalía de Castro. Vimos o despacho do marido de Rosalía, varias salas onde estaban os libros que publicou, a súa habitación e a cama onde morreu.

Cando acabamos a visita, o autobús viunos recoller para levarnos ao MUPEGA, que é un museo de como eran as escolas antigas.

Logo o autobús levounos á Praza da Quintana, que foi onde comemos. O rematar de comer fomos dar un paseo por Santiago e por fin fomos á Catedral.

Cando entramos Isa, que era a nosa guía, nos ensinou unha foto do Pórtico da Gloria (que non se pode visitar). Logo subimos unhas escaleiras e nos ensinou unha maqueta da Catedral. 

Tamén subimos aos tellados, que eran como escaleiras para que cando atacaban á Catedral poideran subir e baixar con facilidade. Os tellados tiñan almeas, como unha fortaleza.

Vimos un tipo de fonte onde se lavaban os peregrinos. Nesa misma zona vin as campás que roubou Almanzor.

Cando acabamos a visita merendamos e xa nos fomos para casa.

Hai dúas cousas que me encantaron, a primeira foi darlle un abrazo ao Apóstol Santiago e a segunda ver a tumba do Apóstol.

(Texto facilitado polo alumnado)

Para rematar deixámosvos unha montaxe con algúns dos bos momentos compartidos.

 

UN ENTROIDO MEDIEVAL!!

O venres 13 conmemoramos o Entroido no colexio.

Seguindo o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre a Idade Media, chegaron dende moi lonxe uns divertidos bufóns, uns magníficos feiticeiros, a nosa nobleza de damas e cabaleiros, sen esquecer aos campesiños e bispos. Todo amenizado cuns grans xograres, mesoneiros e cos distintos oficios medievais. Foi un día cheo de emocións!!

Queredes voltar compartilas con nós?

As fotografías atópanse na Galería da páxina web.

 

 

 

 

 

 OS BUFÓNS INFantil

AS DAMAS E OS CABALEIROS 1º

OS CAMPESIÑOS E AS CAMPESIÑAS 2º

 

 OS MESONEIROS E AS MESONEIRAS 3º   

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºA

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºB

OS FEITICEIROS E AS FEITICEIRAS 5º

AS E OS XOGRARES 6º

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA

ASISTENCIA.

NORABOA AOS ARTISTAS E AOS MESTRES/AS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut