Skip to Content

Coidamos o medio, coidámonos nós

A PATRULLA NA REVISTA ESCOLAR

AS NOSAS SUXERENCIAS!!!!!

O alumnado quere sentirse máis a gusto no centro, por iso nos fai chegar suxerencias de mellora.

 

COIDADO DO PLANETA DENDE AS AULAS!!!!!!

Tamén dentro do cole aportamos o noso granciño no coidado do planeta, sendo conscientes da importancia da reciclaxe.

 

COIDAMOS OS NOSOS ESPAZOS!!!!!!

Un anos máis o alumnado do colexio é partícipe do coidado dos espazos nos que convive cada día. E parece que a lección vai estando aprendida.  OLLADE!!!!

 

 

 

 

CONCURSO DE COÑECEMENTOS SOBRE O COIDADO DO PLANETA

Preman na imaxe

CADRO DE PEIXES

O alumnado de tres aniños segue a darlle unha segunda vida aos materiais do lixo. Reutilizando tapas, cartóns, restos dos materias de entroido creou estes fermosos cadros "PEIXES"

 

        

 

XARDÍN VERTICAL

 

3 B COA PATRULLA VERDE

Os nenos e nenas de terceiro, despois de levar as mondas ao composteiro, foron revisar os patios de arriba do colexio e temos que felicitar ao alumnado que xoga alí pois non atoparon lixo.

 

COELLIÑOS DE PASCUA

As nenas e nenos da clase de tres anos, elaboraron uns simpáticos coelliños para levar os ovos de chocolate, con mateirais de reciclaxe. Empregamos rolos de papel hixiénico, restos de lá e retais de tea.

O ALUMNADO DE 4A COA PATRULLA VERDE

O alumnado de 4º ademáis de darlle importancia a reciclaxe do lixo, tamén experimenta coa redución tanto na cantidade coma no seu volume.

ALUMNADO DE 5 COA PATRULLA VERDE

6º A e 5º COA PATRULLA VERDE

 

Alumnado de 5 e 6 revisando os campos de xogo despois do recreo.

ALUMNADO DE 6B. COIDAMOS OS NOSOS ESPAZOS.

 

Seguindo o PDI Planeta Azul- Planeta Verde o alumnado do centro  valora importancia de xogar, camiñar,...., nuns espazos limpos. 

 

Para o que os distintos curso levan a cabo diferentes actividades, dende a PATRULLA VERDE, promovendo a recollida e clasificación dos seus propios lixos. Tomando así conciencia de que a pesares de todo o traballado en canto ao coidado do planeta en múltiples ocasións seguímonos esquecendo de que temos contenedores e papeleiras e do noso lixo segue a rematar no chan.

                                                         

                                                               

APADRIÑAMOS ANIMAIS E PLANTAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN!

No centro estamos a estudar e indagar sobre “Os bosques”. Nestes  espazos naturais habitan moitas plantas e animais, algúns deles en perigo de extinción.

 

Calcúlase que existen uns 30 millóns de especies animais e vexetais distintas no mundo. De todas elas, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) cifra en 1.000 as que se atopan en perigo de extinción e en 17.000 as ameazadas. Para o 2020 a diversidade de especies pódese reducir nun 33%.

Animais e plantas están ameazados pola alteración dos espazos naturais, que se empregan para construír vivendas, estradas, etc. A caza deportiva ou comercial e o tráfico ilegal de especies son causas que tamén fan perigar á fauna e á flora.

Segundo o Fondo Mundial para a Conservación da Natureza (WWF), en España desenvólvese máis do 30% do comercio ilegal de animais e plantas protexidos no mundo e segundo datos do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España, calcúlase que nos fogares españois existen preto de 60.000 réptiles e máis de 100.000 aves exóticas.

O SEPRONA, Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil recolle que o 70% dos animais cos que se trafica morre durante a viaxe. Preto de 1.700 axentes deste servizo tratan de frear este delito facendo cumprir a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). Este convenio, asinado en Washington, entrou en vigor en xullo de 1975 e subscribírono máis de 145 países. En xaneiro de 1986 o convenio asinouse en España. A partir de entón, para posuír un exemplar dunha especie ameazada é necesario ter un certificado que acredite que provén de cría en catividade. Pero, segundo WWF, falsificar ese papel non é moi complicado.

 

Dende o equipo de Dinamización Tic quixemos que o alumnado se involucrara apadriñando un destes animais ou plantas elaborando un cartel cun lema a favor da súa protección e sinalando cantas especies aínda podemos atopar como pequenos datos que consideraron interesantes. Aquí vos deixamos o gran traballo que realizaron!!!

 

 

 

 

COIDAMOS O MEDIO, COIDÁMONOS NÓS

     Esta comisión de Medio Ambiente ten como obxectivos:

  • Promover a toma de conciencia ambiental.

  • Coñecer a importancia das accións humanas que contribúen ao deterioro do medio ambiente.

  • Desenvolver habilidades e hábitos que impliquen un uso responsable dos recursos que están ao noso alcance.

  • Promover o traballo solidario e en equipo en prol do ben común.

 

      As actividades a levar a cabo serán:

 

  • Reciclaxe na escola.

  • Prácticas de alimentación saudable e sostible.

  • Aforro enerxético no colexio: luces, auga, papel...

 

  • Visualización de vídeos informativos sobre xestión de productos altamente contaminantes da vida cotiá; papel aluminio, bombillas de baixo consumo...

  • Actividades centradas no coñecemento do noso entorno máis próximo co fin de respetalo e coidalo.

Distribuir contido


by Dr. Radut