UN ANO MÁIS A FROITA PARTICIPA NO PROXECTO E-TWINNIG, NO PROXECTO "GREEN PLANET- BLUE PLANET".
NESTE CURSO O ALUMNADO DE 4 ANOS A CREOU O RECUNCHO "GREEN OSYGEN" PARA O QUE PLANTARON FERMOSAS PLANTAS QUE SE ABONARON CO COMPOST QUE IMOS FACENDO AO LONGO DO ANO CA RECOLLIDA DOS RESTOS DAS FROITAS QUE SE COMEN NO CENTRO.
Class 5A planted a fig tree in the school vegetable garden. Then they drew it and learnt things about this fruit. Finally they tried some fig marmalade.
Na clase de inglés coidan o medio plantando unha figueira e despois do esforzo repoñen enerxías saboreando marmelada de figo. Confiamos que nun futuro a poidamos facer cos seus froitos.
SENDO CONSCIENTES DA NECESIDADE DE COIDAR O MEDIO, NESTE CURSO O ALUMNADO DE 4 ANOS COLABOROU NO PROGRAMA DE VOZ NATURA E ALIMENTAMOS AOS PAXARIÑOS ADEREZANDO CON ALPISTE UNHAS DELICIOSAS MAZÁS.
O alumnado de 4ºB na materia de Educación Plástica personalizou diferentes froitas debuxándolle patas, brazos, cara e despois coloreouas. a continuación déronlle movemento dende a páxina “Animated Drawings” (https://sketch.metademolab.com/) escollendo o que máis lle gustaba a cada alumno e alumna.
Dende a materia de Educación Musical crearon unha letra para a melodía “Ritmo sabroso” de Emilio Huerta.
Finalmente cantaron a melodía e a gravaron para facer o vídeo.
A FROITA ADEMÁIS DE ALIMENTAR O NOSO CORPO TAMÉN ALIMENTA O NOSO CEREBRO, APORTÁNDONOS OS SEUS NUTRIENTES E ESTANDO INCLUIDA EN TODAS AS MATERIAS CURICULARES DENDE INFANTIL A PRIMARIA.
UN ANO MÁIS SE LEVARON A CABO OS NO CENTRO OS ALMORZOS SAUDABLES QUE NOS OFRECE O CONCELLO E NESTE CURSO ADEMÁIS CONTOU COA COLABORACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE.
As alumnas e os alumnos de 4º de Primaria elaboramos por equipos un Kamishibai. Kamishibai significa “teatro de papel “en xaponés. É unha maneira de contar historias a través de debuxos que son amosados nun teatriño de madeira.
Os protagonistas dos nosos kamishibais foron animais e froitas os cales preténdenos transmitir ensinanzas sobre a colaboración, compañeirismo, amizade, respecto….
Foi unha actividade que resultou moi divertida e na que aprendimos moito!