Skip to Content

Tics

APADRIÑAMOS ANIMAIS E PLANTAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN!

No centro estamos a estudar e indagar sobre “Os bosques”. Nestes  espazos naturais habitan moitas plantas e animais, algúns deles en perigo de extinción.

 

Calcúlase que existen uns 30 millóns de especies animais e vexetais distintas no mundo. De todas elas, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) cifra en 1.000 as que se atopan en perigo de extinción e en 17.000 as ameazadas. Para o 2020 a diversidade de especies pódese reducir nun 33%.

Animais e plantas están ameazados pola alteración dos espazos naturais, que se empregan para construír vivendas, estradas, etc. A caza deportiva ou comercial e o tráfico ilegal de especies son causas que tamén fan perigar á fauna e á flora.

Segundo o Fondo Mundial para a Conservación da Natureza (WWF), en España desenvólvese máis do 30% do comercio ilegal de animais e plantas protexidos no mundo e segundo datos do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España, calcúlase que nos fogares españois existen preto de 60.000 réptiles e máis de 100.000 aves exóticas.

O SEPRONA, Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil recolle que o 70% dos animais cos que se trafica morre durante a viaxe. Preto de 1.700 axentes deste servizo tratan de frear este delito facendo cumprir a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). Este convenio, asinado en Washington, entrou en vigor en xullo de 1975 e subscribírono máis de 145 países. En xaneiro de 1986 o convenio asinouse en España. A partir de entón, para posuír un exemplar dunha especie ameazada é necesario ter un certificado que acredite que provén de cría en catividade. Pero, segundo WWF, falsificar ese papel non é moi complicado.

 

Dende o equipo de Dinamización Tic quixemos que o alumnado se involucrara apadriñando un destes animais ou plantas elaborando un cartel cun lema a favor da súa protección e sinalando cantas especies aínda podemos atopar como pequenos datos que consideraron interesantes. Aquí vos deixamos o gran traballo que realizaron!!!

 

 

 

 

CARTEIS PARA A FEIRA MEDIEVAL

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na elaboración dun cartel dixital para anunciar unha actividade que imos celebrar, toda a Comunidade Educativa, a final de curso.

En primeiro lugar agradecemos a vosa participación, esforzo e traballo. Costounos moito elexir un deles para empregalo na nota informativa para as familias.

Eiquí vos deixamos todos os traballos para que disfrutedes deles.

NORABOA A TODOS E TODAS!

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

OS CARTEIS DA PRIMAVERA XA ESTÁN EIQUÍ!

 
O alumnado participou na elaboración dun cartel dixital co motivo da chegada da primavera.

Nesta ocasión o programa para a súa elaboración foi o programa Microsoft Power Point, empregando imaxes, gifs, texto..., traballando por capas.

O resultado foi moi satisfactorio. Mirade!

   

   

NORABOA!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ELABORAMOS CADROS COMO O FAMOSO PINTOR PIET MONDRIAN

Na sección Bilingüe de 2º de Educación Primaria, os nenos e nenas estiveron a estudar o famoso pintor Piet Mondrian. 

Para rematar realizaron o seu propio cadro online a través da aplicación Mondrimat. 

Aconsellámosvos que fagades unha visita por todo este gran traballo. Se clicades na foto do pintor accederedes a el e aos máis valentes animámosvos a elaborar o voso propio cadro coa aplicación Mondrimat que tamén a atoparedes alí.

OS CARTEIS DO INVERNO E NADAL XA ESTÁN EIQUÍ!

O alumnado participou na elaboración de carteis dixitais co motivo do inverno ou Nadal.

As normas non eran máis que elaboralo no programa Word, empregando imaxes, texto e deixando voar a súa imaxinación. O resultado foi moi satisfatorio.

Mirade!

   
  

COLOREAR ONLINE

O alumnado de segundo de Educación Primaria estamos a facer un proxecto sobre Frida Kahlo, unha pintora mexicana. Na hora de informática pintamos o noso cadro online, queredes ver o resultado?

Clicade na imaxe. Tamén podedes aproveitar para aprender máis sobre esta pintora e ver o gran traballo que están a realizar estes nenos e nenas.

O Outono

Coa chegada do Outono e aprendendo as nocións de: copiar imaxes, pegar, cambiar o formato da imaxe, configuración da páxina no programa Word; o alumnado de 2ºB elaborou unhas montaxes moi divertidas.

 


 
Distribuir contido


by Dr. Radut