ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2022-2023 levarase a cabo mediante diversas modalidades: axudas para a adquisición de libros de texto, fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 3º , 4º, 5º e 6º de educación primaria.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 1º e 2º de educación primaria.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
- Destinado ao alumnado matriculado en educación primaria.
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de textos teñen a obriga de devolver os libros e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021-2022. Deben estar en bo estado de conservación, de tal maneira que poidan ser reutilizados. Están excluídos desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/23.
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
APLICACIÓN INFORMÁTICA FONDO LIBROS
Documentación a presentar
- Anexo I e Anexo II.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais mebros computables da unidade familiar. Importante en caso de separación ou divorcio hai que presentar a sentencia xudicial e/ou o convenio regulador da custodia.
- Os datos dos membros computables da unidade familiar e renda son a efectos do 31 de decembro de 2020.