Skip to Content

Normalización Lingüística

MANDADOS DO MECO

 

 

PALABRAS PARA A PAZ

Hai "Palabras Bonitas", cada un ten as súas. Son palabras que polo seu significado, pola súa sonoridade ou por calquera outra razón, transmítennos seguridade, alegría, un sentimento agradable...

No Día da Paz queremos compartir con vós as nosas palabras bonitas para que vos enchan o corazón.

Para descargar o vídeo só clicade enriba da palabra: PAZ

 

A palabra do ano 2015 é "Refuxiado": persoa que vive fóra do seu país, ao ser obrigado a abandonalo por desastres naturais, conflitos armados, persecucións políticas, relixiosas ou por motivos de sexo ou raza.

Imaxinades deixar atrás a vosa casa, os vosos amigos e amigas, os vosos avós, os lugares coñecidos e queridos?

Oxalá que NUNCA MÁIS "refuxiado" sexa a palabra destacada de ningún ano!

Deixámosvos o conto "A flor máis bonita do mundo" de José Saramago.

 

 

 
FELIZ DÍA DA PAZ!

RECURSOS PARA A PAZ

Dende o equipo de Tic fixemos unha escolma de recursos e xogos relacionados coa celebración da Paz.


Clicade no símbolo da paz  para acceder a eles.

 

 

FELICES FESTAS!

O CEIP PENA DE FRANCIA DESÉXAVOS UN BO NADAL!

VÉMONOS O DÍA 7 DE XANEIRO.

  

Se queredes descargar a postal de Nadal só tendes que clicar na seguinte palabra: POSTAL

Este ano a nosa felicitación é o resultado do traballo e esforzo de cada un de vós. Dende o centro agradecémosvos a vosa colaboración!

 

MOITAS GRAZAS!

 

APADRIÑAMOS AS ÁRBORES DO COLEXIO

Este ano o PDI do noso centro xira ao redor dos bosques. Aproveitando a riqueza evariedade de árbores que poboan os xardíns do noso cole decidimos comezar por coñecer o noso entorno máis próximo.

Con este obxectivo cada aula escolleu unha árbore e apadriñouna. Posamos con ela, buscamos as súas características e curiosidades e toda esta información rexistrámola nun libro.

 


 
 
Durante este primeiro trimestre o alumnado e o profesorado traballou para converter o noso centro nun bonito bosque. Aínda nos queda traballo por diante, pero non perdades o gran acontecemento!
 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS (23 DE NOVEMBRO)

O día dos bosques autóctonos xurde como unha iniciativa de diversas ONGs españolas e que se ven celebrando dende fai máis de dez anos.

O equipo de Dinamización Linguística publicou no seu blogue máis información sobre esta inciativa e unha curtametraxe moi interesante. Clicade na seguinte imaxe e levaravos a ela.

 

 

FESTEXAMOS O MAGOSTO

O martes 10 de novembro festexamos o Magosto no colexio.

 

Todo comezou coa aparición de Casilda e Hermenexilda, que vos pedían colaboración para converter o cole nunha galería de arte chea de natureza.

Con todo o material listo, xa estabamos preparados para dar comezo a celebración. Primeiro observamos como se prendían dúas fogueiras para, posteriormente, bailar arredor delas.

Despois elaboramos as nosas obras de arte cos elementos da natureza recollidos e, finalmente, degustamos as castañas que, como todos os anos, Juan nos asou con moito agarimo.

 

Deixámosvos fotos na GALERÍA da páxina web e un pequeno vídeo cos mellores momentos dese día. 

Esperamos que vos guste!

 

 

NORABOA POLO GRAN TRABALLO!

O SAMAÍN

Achégase o Samaín no Pena de Francia. Un ano máis imos xuntar a tradición e a creatividade para dar lugar a unha espectacular exposición de cabazas, entre outras sorpresas que vos agardarán.

 

 

Dende o luns 26 ata o xoves 29 tivemos, polo colexio, unha impresionante exposición de cabazas moi orixinais.

Queremos mostrar este gran traballo, realizado polas familias e o alumnado e agradecervos, un ano máis, a vosa colaboración, esforzo e apoio!!

As fotos atópanse na GALERÍA da páxina web.

 

 

 

 

 

 

 GRAZAS!!

 

 

 

 

 

 

Dende o equipo de Dinamización Lingüística e do equipo Tic temos recursos didácticos sobre esta festividade. Clicade nas imaxes:

 

BLOGUE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA                                                                                 RECURSOS TIC

 

 

 

 

 

 

                                                                     

 

 

DIA DA CIENCIA EN GALICIA

A Real Academia Galega de Ciencias celebra, dende o 2008, o Dia da Ciencia en Galicia. Este ano está adicado a investigadora galega Ángeles Alvariño.

Para máis información clicade enriba da imaxe e viaxaredes ao blogue de Dinamización Lingüísitica, no que tamén atoparedes un vídeo moi interesante!

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves e o venres conmemoramos no colexio o Día das Letras Galegas cunhas grandes actuacións na nosa lingua, visionamos a biografía de Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano nesta data e finalizamos coa entrega dos premios do Certame Literario 2015.

Voltade rememorar connosco todo o vivido.

 

O GALO CANTA 1ºA

OS MESES DO ANO 1ºB

 O CIRCO 2ºA

 A RAÍÑA DE TURNEDÓ 2ºB

 OS BOMBEIROS 3ºA

 NON PODO PARAR 3ºB

 POEMA MUSICADO DE CELSO EMILIO FERREIRO 4ºA

O MALLAO 4ºB

  EN GALEGO! 5º A e B

 UN PASEO POLA LINGUA 6ºA

 A RIANXEIRA E O HIMNO DO CELTA 6ºB

NORABOA AOS ARTISTAS E GRAN TRABALLO COMPAÑEIR@S!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CELEBRAMOS OS MAIOS

 

Os Maios son unha das festas con maior tradición de Galicia e teñen como orixe dar a benvida á primavera. O seu elemento central é a representación ornamental a través de fiúncho, musgo, herbas, flores, froitas... A xente canta arredor do Maio coplas ou cantigas. 

 

E así o celebramos no colexio: 

 

 

UN LIPDUB POLA PAZ!

Este ano no colexio pola conmemoración do DÍA DA PAZ acordamos (dende os diferentes equipos) realizar un Lipdub.

Un LIPDUB é un vídeo musical realizado, nunha soa toma, por un grupo de persoas que sincronizan os seus movementos acorde a unha canción. 

Foi unha experiencia creativa moi divertida e enriquecedora.

Dende eiquí o noso enorme agradecemento ao alumnado e a todo o claustro de mestres (tanto os que aparecen na gravación coma os que están agochados levando a cabo outras funcións non menos importantes), que co seu esforzo e adicación conseguimos elaborar algo tan especial.

 

 

FELIZ DÍA DA PAZ!!

Non vos perdades o vídeo realizado pola mestra Ángeles sobre as tomas falsas do lipdub e as nosas pedras pola Paz, porque "A PAZ PODE SER A SUMA DO BO DE CADA UN"

 

 

AS ORDES DO MECO

Como sempre, o personaxe do Meco está disposto a que nos ríamos de nós mesmos e proponnos para iso os seguintes mandatos (que non son acumulativos):

 

 

 

RECURSOS PARA A PAZ

Nesta páxina temos unha escolma de recursos, atopados na rede, relacionados coa celebración da Paz.

ACTIVIDADE LIM (INTANTIL)

 

ACTIVIDADE LIM 

CUENTO: ¡QUÉ VIVA LA PAZ!

 

   ACTIVIDADE LIM (INFANTIL)

  

 LA ISLA DEL TESORO (PRIMARIA)

CONSTRUCTORES DA PAZ  (1º CICLO)

ACTIVIDADE LIM (PRIMARIA)

 

ACTIVIDADE LIM (PRIMARIA) 

ACTIVIDADE LIM (PRIMARIA

 

ACTIVIDADE LIM (PRIMARIA)

 

ACTIVIDADE LIM (PRIMARIA) 

ACTIVIDADE LIM (INFANTIL) 

 

ACTIVIDADE LIM (PRIMARIA) 

ACTIVIDADE LIM (INFANTIL)

 

ACTIVIDADE LIM (INFANTIL) 

 

WEBQUEST (3º CICLO)

 

ACTIVIDADE LIM (INFANTIL)

 

ACTIVIDADES VARIAS

 

 

ACTIVIDADES (3º CICLO)

 

WEBQUEST (2º E 3º CICLO)

 

AFORCADO

 

 

ATOPA AS DIFERENCIAS 

CREBACABEZAS POMBA 

 

CREBACABEZAS NENOS 

 

 

ATOPA AS DIFERENCIAS 

PALABRAS AMIGAS 

 

CUENTO: UN CHOCOLATE MUY ESPECIAL

 

 

CAILLOU HACE UN NUEVO AMIGO

 

                CUENTO: LOS COLORES                             

 

     HISTORIA DE UN ABRAZO            

 

 

FELICES FESTAS!

 O CEIP PENA DE FRANCIA DESÉXAVOS UN BO NADAL!

 

 

OS GAÑADORES NO CONCURSO DE POSTAIS DESTE ANO FORON OS SEGUINTES COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. CLICADE NO DIPLOMA!

 

CLICADE EN ORBIL PARA VER AS ÚLTIMAS NOVIDADES E O TRABALLO DESTE PRIMEIRO TRIMESTRE.

Distribuir contido


by Dr. Radut