Skip to Content

III SIMPOSIO DE APRENDIZAXE COOPERATIVA, VIGO XULLO DE 2015

O 1 e 2 de xullo celebrábase en Vigo o III Simposio sobre Aprendizaxe Cooperativa, organizado pola Universidade de Vic, cefore de Vigo e Pontevedra. Este simposio estaba destinado principalmente a aqueles centros de Infantil e Primaria, Secundaria e centros de profesores que levan á práctica o programa sobre Aprendizaxe Cooperativa, impulsado pola Universidade de Vic.

Os obxectivos xerais do III Simposio foi debater e chegar a conclusións ao redor dos principais retos que se expuxeron na aplicación do Programa CA/AC, sobre os cales se está a reflexionar durante os últimos anos, tamén compartir, a través de comunicacións, as experiencias como docentes ou asesor@s na aplicación do Programa CA/AC para introducir a aprendizaxe cooperativa na aula para facela máis inclusiva.

Asi nas oito mesas de debate se presentaron variadas experiencias de centros educativos nos que se está traballando con esta metodoloxía. Na súas intervencións expuxeron o punto de vista d@s docentes, os retos e dificultades aos que tiveron que facer fronte e a súa valoración do proceso e dos resultados.

O noso centro do CEIP do Pena de Francia estivo presente na mesa de debate 1 sobre a proceso de construción  do proxecto da Aprendizaxe Cooperativa, a cargo da profesora Isabel Domínguez, como coordinadora de AC, presentando a  experiencia durante estes cinco curso de traballar con esta metodoloxía. Nesta mesa compartía experiencia un centro de Mallorca e outro de Barcelona.

Ademais profesorado do centro asisteu nestes dous días de formación.

Nos diferentes debates púxose de manifesto a profunda reflexión e interés por parte do integrantes sobre o tema que sustentaba cada unha das propostas.

Neste Simposio celebrouse a primeira Asamblea Xeral  da Rede Khelidôn de centros para o aprendizaxe cooperativa, onde un importante número de centros adheriuse a esta rede de información.

O remate do Simposio resaltáronse as conclusións en cada unha das mesas A nivel xeral algunhas das reflexións máis destacadas foi unha maior corresponsabilidade do alumnado por sacar adiante os traballos na aula, máis participación e unión tanto na aula como nas actividades de lecer, demanda por parte do propio alumnado de seguir traballando en equipo; a necesidade de “obligar” ao profesorado a participar nesta metodoloxia,  coordinación entre o mestres dentro da comisión de AC, importancia da intervención das  familias e de que os equipos directivos estén implicados para consolidar este proxecto que ten que ser de centro....

Destacar a emocionante e merecida ovación ao Dr Pere Pujolàs, o grande experto, por todo o seu traballo durante estes anos na difusión da aprendizaxe cooperativa no nosopaís, dándolle o mando na dirección deste proxecto á  Mila Naranjo e a José Ramón Lago, momento en que este último emocionouse ante a carga emotiva.

Nos dous anos que faltan para o IV Simposio, que terá lugar en Palma de Mallorca, esperamos estar e compartir novos avances do noso centro e ser cada vez máis neste gran equipo de profesionais.



blog | by Dr. Radut