De conformidade coas Instruccións para a configuración da oferta de prazas e para a reserva de praza en centro de adscrición para o curso 2018/2019 dadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, do 23 de xaneiro de 2018,
COMUNICÁMOSLLE QUE:
Todo o alumnado que solicitou reserva de praza para 1º ESO no IES de Mos para o vindeiro curso escolar 2018/2019, foi ADMITIDO.
Para facer honra ao proxecto planeta verde-planeta azul este ano decidimos celebrar un entroido con R maiúscula, REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Empregamos materiais como tapóns, papeis de xornal, de revista, cartóns, envoltorios de plástico... Estas accións tentan reducir o impacto da nosa vida no planeta e conservalo para as xeracións do futuro.
Un entroido para reflexionar, reducir, reutilizar, reciclar, redistribuír...
Grazas pola colaboración de David Pérez Iglesias, pai dunha alumna do centro.
Saída do alumnado de 1º e 2º curso a Vigo. Nesta saída fixemos un xogo de orientación en Praza Compostela, tomamos un chocolate con churros e mandámoslle as nosas cartas a Papá Noel.