Skip to Content

MATERIAL

BOAS TARDES FAMILIAS!!

Este é o material que vai precisar o alumnado neste curso 2023/2024

 

CHEQUES DE MATERIAL

Bos días familias!!!

    Estes son os horarios nos que podedes vir a recoller os cheques de material e libros:

Venres, 1 de setembro

     9:30h - 10:30h

     13:00h - 14:00h

 

Luns, 4 de setembro

     9:00h - 10:00h

 

Martes, 5 de setembro

     9:00h - 10:00h

     13:00h - 14:00h

 

Mércores, 6 de setembro

     9:00h - 14:00h

 

Un saúdo.

 

LISTA PROVISIONAL FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL

LISTA PROVISONAL FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL

Xa saíu a lista provisional do fondo de libros e axudas de material. Podedes consultala vindo o centro ou chamando por teléfono.

Os cheques entregaranse a partir do 1 de setembro en horario de 9 a 11h.

Poderá recollelo a persoa que solicitou a axuda ou outra persoa con autorización.

GRADUACIÓN 6º EP 2023

FIN DE CURSO 2023

FIN DE CURSO de Angela Barbosa

LETRAS GALEGAS 2023

 

 

 

 

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS DE TEXTO

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

Xa podedes solicitar as axudas para a adquisición de de libros de texto e material escolar para o curso23-24.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 3º, 4º, e 6º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 1º e 2º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

- Destinado ao alumnado matriculado en educación primaria. 

      As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de textos teñen a obriga de devolver os libros e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2022-2023. Deben estar en bo estado de conservación, de tal maneira que poidan ser reutilizados. Están excluídos desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

      As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
     Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  

 Documentación a presentar

  • Anexo I e Anexo II.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais mebros computables da unidade familiar. Importante en caso de separación ou divorcio hai que presentar a sentencia xudicial e/ou o convenio regulador da custodia.
  • Certificado de discapacidade, se fose o caso.

                                

Tedes de prazo dende o 20 de maio ata o 21 de xuño.

Se queres consultar a convocatoria. 

PREME AQUÍ

APLICACIÓN INFORMÁTICA FONDO LIBROS 

 

RECUNCHOS DE MOS

"O meu Recuncho favorito de Mos"

Dende o equipo de dinamización lingüística fixemos o proxecto "O meu recuncho favorito de Mos", traballámolo a través do servidor da escola con todos o alumnado.

A continuación mostrámosvos os recunchos favoritos do alumnado de 6º por ser o seu último ano no cole.

Agradecemos a todas as familias a implicación e o traballo realizado.

Moitisimas grazas!!!

 

Apadriñamento lector 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este ano celebramos o día do libro cun apadriñamento lector.

Aquí tedes unhamostra do quefoi a actividade.

Fixérono xenial!!!!

  

 

 

 

MAIOS 2023

Becas 2023-24

   BECAS

     Bos días familias dende o Departamento de Orientación informámosvos que o pasado 22 de febreiro publicouse o Real decreto 117/2023 explicando os tipos de becas e axudas que se ofertan para o vindeiro curso académico 2023/2024. É importante que leades as opcións que van ofertar para saber se podedes ser beneficiarios no momento dá convocatoria.

Deixámosvos o enlace.

PREME AQUÍ

RESERVA DE PRAZA NO IES DE MOS

 

RESERVA DE PRAZA NO IES DE MOS

     Comenza o proceso de reserva de praza en centro de adcrición, que no noso caso é o IES de Mos.

     O alumnado de 6º de Ed. Primaria que pretenda continuar estudos en dito IES, deberá    presentar a súa solicitude no noso centro.

     O prazo de presentación remata o 6 de febreiro.

 

Para máis información 

PREME AQUÍ

 

 

CLUB DE LECTURA

Prema na imaxe

 

 
 
 
 
 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut