Skip to Content

O NOSO CENTRO

 

 
 

 
    

PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA NAS IMAXES.

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

 A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2019-2020 levarase a cabo mediante diversas modalidades: axudas para a adquisición de libros de texto, fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 3º , 4º, 5º  e 6º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 1º e 2º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

- Destinado ao alumnado matriculado en educación primaria. 

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de textos teñen a obriga de devolver os libros e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018-2019. Deben estar en bo estado de conservación, de tal maneira que poidan ser reutilizados. Están excluídos desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución dos mesmos é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas e ademais a consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.

 

 O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído)                                              

                                   

LETRAS GALEGAS 2019

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Apadriñamentos lectores no día do libro

 

Este ano festexamos o 23 de abril, día do libro, cos apadriñamentos lectores e con abundantes novidades de editoriais.https://bibliotecapena.blogspot.com/2019/04/festexando-o-dia-do-libro.html

Os nosos nomes cos Escornabots!

 

O  alumnado de  Infantil de cinco anos estiveron aprendendo  a utilizar os escornabots.  A actividade consistía en levar aos pequenos robots ata os nomes dos alumnos/as.

 

2º ETAPA CLASIFICACIÓN CONVIVENCIA

3ªDinamización intercentros: CPR Hermanos Quiroga e CEIP Pena de Francia

O pasado martes 6 de maio visitounos o CPR Hermanos Quiroga, co que pasamos unha divertida xornada de multidporte!

 

VISITA DE XULIA ALONSO

VISITA DA ESCRITORA RAQUEL CASTRO

A ESCOLA DOS PIRATAS

ANIMACIÓN: QUERES SER O MOZO DE MIÑA IRMÁ?

2ª Dinamización multideporte intercentros co CEIP Atín-Cela

O pasado 9 de abril vistoúnos o alumnado do CEIP Atín-Cela, co que pasamos unha xornada moi divertida xogando a varios deportes!

 

Biblioteca creativa! Escornabots en música

O alumnado de varios niveis empregamos os escornabots da biblioteca, para coñecer as figuras musicais e os diferentes instrumentos

 

RECREOS COOPERATIVOS (2º trimestre)

Distribuir contido


by Dr. Radut