Skip to Content

blogue deadmin

EXCURSIÓN AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O 17 de marzo do 2016, os nenos e nenas de 3º e 4º visitaron o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro.

Aprenderon a facer concos de barro, como facían antigamente os habitantes do parque.

Despois, disfrutaron vendo dúas fermosas pedras cheas de petróglifos, a Laxe dos Carballos e o Outeiro dos Cogoludos.

Por último, visitaron a reproducción dunha poboación antiga.

(Texto escrito por Xoel Aboah 4ºB)

VISITA AO EROSKI

O alumnado de quinto tivo o pracer de comprobar a funcionalidade das Mates na súa vida, a través da visita ao Eroski.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os nenos de quinto e sexto celebran o Día Internacional da Muller a través dunha xornada de igualdade con divertidas dinámicas de grupo. Podedes vernos nas seguintes imaxes:

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Un ano máis acordámonos da gran poetisa Rosalía de Castro no día do seu nacemento, 24 de febreiro.

Dende a Biblioteca facilitarase material impreso. Por outra banda dende o equipo de Dinamización realizarase a silueta da cara dela nunha parede do colexio para, posteriormente, pintar o alumnado de sexto de primaria, así como facilitarán siluetas en papel para pintar na aula (wharholea a túa Rosalía) e, posteriormente, expor na corcheira.

Premendo nas seguintes viaxaredes aos blogues da Biblioteca e de Dinamización Lingüística, onde atoparedes máis recursos.
 
21 DE FEBREIRO "DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA"

A celebración da Lingua materna da comezo ao Ano das Linguas da Unesco, que ten coma finalidade convencer da importancia de perseverar na diversidade cultural ante o risco de desaparición que corren moitos idiomas do mundo.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega recompilou información moi interesante, para ve-la só tendes que clicar enriba da seguinte imaxe.

A celebración da Lingua materna da comezo ao Ano das Linguas da Unesco, que ten coma finalidade convencer da importancia de perservar a diversidade e cultural ante o risco de desaparición que corren moitos idiomas do mundo.

Copy the BEST Traders and Make Money : http://bit.ly/fxzulu

ENTROIDO NO BOSQUE

Seguindo o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre Os Bosques, o noso colexio encheuse de animaliños como lobos, coellos, xoaniñas, mouchos e cabalos; de seres fantásticos como gnomos, fadas, ninfas e trasnos; de leñadores; sen esquecer eses profesionais que coidan e protexen os nosos bosques como os bombeiros e os ecoloxistas.

Foi un día moi divertido!

OS LOBOS 3 ANOS

OS MOUCHOS, AS XOANIÑAS E OS COELLOS 4 ANOS

 A RAPA DAS BESTAS 5 ANOS

AS FADAS E OS TRASNOS 1º PRIMARIA 

AS NINFAS E OS TRASNOS 2º PRIMARIA

OS GNOMOS 3º PRIMARIA

OS BOMBEIROS DE MOS 4º PRIMARIA

OS ECOLOXISTAS 5º PRIMARIA

OS LEÑADORES 6º PRIMARIA

As fotografías atópanse na GALERÍA da páxina web.

Moitas grazas pola vosa asistencia.
Noraboa aos artistas e aos mestres/as!
 
ENTROIDO GALEGO

Dende o equipo de Dinamización Lingüística achégannos unha actividade moi completa sobre esta festividade. Para acceder a ela, clicade na seguinte imaxe.

MANDADOS DO MECO

PALABRAS PARA A PAZ

Hai "Palabras Bonitas", cada un ten as súas. Son palabras que polo seu significado, pola súa sonoridade ou por calquera outra razón, transmítennos seguridade, alegría, un sentimento agradable...

No Día da Paz queremos compartir con vós as nosas palabras bonitas para que vos enchan o corazón.

Para descargar o vídeo só clicade enriba da palabra: PAZ

A palabra do ano 2015 é "Refuxiado": persoa que vive fóra do seu país, ao ser obrigado a abandonalo por desastres naturais, conflitos armados, persecucións políticas, relixiosas ou por motivos de sexo ou raza.

Imaxinades deixar atrás a vosa casa, os vosos amigos e amigas, os vosos avós, os lugares coñecidos e queridos?

Oxalá que NUNCA MÁIS "refuxiado" sexa a palabra destacada de ningún ano!

Deixámosvos o conto "A flor máis bonita do mundo" de José Saramago.

FELIZ DÍA DA PAZ!

RECURSOS PARA A PAZ

Dende o equipo de Tic fixemos unha escolma de recursos e xogos relacionados coa celebración da Paz.

Clicade no símbolo da paz  para acceder a eles.

FELICES FESTAS!

O CEIP PENA DE FRANCIA DESÉXAVOS UN BO NADAL!

VÉMONOS O DÍA 7 DE XANEIRO.

Se queredes descargar a postal de Nadal só tendes que clicar na seguinte palabra: POSTAL

Este ano a nosa felicitación é o resultado do traballo e esforzo de cada un de vós. Dende o centro agradecémosvos a vosa colaboración!

MOITAS GRAZAS!

FESTIVAL DE NADAL

Damos a noraboa aos pequenos e pequenas artistas polo seu gran traballo e, sen dúbida, ás mestras!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN

Ao subir os vídeos á páxina web perden calidade. Para poder descargalo coa mellor calidade clicade na seguinte palabra: FESTIVAL

APADRIÑAMOS AS ÁRBORES DO COLEXIO

Este ano o PDI do noso centro xira ao redor dos bosques. Aproveitando a riqueza evariedade de árbores que poboan os xardíns do noso cole decidimos comezar por coñecer o noso entorno máis próximo.

Con este obxectivo cada aula escolleu unha árbore e apadriñouna. Posamos con ela, buscamos as súas características e curiosidades e toda esta información rexistrámola nun libro.

Durante este primeiro trimestre o alumnado e o profesorado traballou para converter o noso centro nun bonito bosque. Aínda nos queda traballo por diante, pero non perdades o gran acontecemento!
 
RECURSOS PARA O NADAL

Dende os equipos de Normalización, Biblioteca, Extraescolares e Tic fixemos unha escolma de recursos e xogos relacionados co Nadal.

Clicade no boneco de neve para acceder a eles.

Distribuir contido

by Dr. Radut