Skip to Content

Blogues

COELLIÑOS DE PASCUA

As nenas e nenos da clase de tres anos, elaboraron uns simpáticos coelliños para levar os ovos de chocolate, con mateirais de reciclaxe. Empregamos rolos de papel hixiénico, restos de lá e retais de tea.

EDUCACIÓN FÍSICA E A FROITA

O alumnado do centro tamén disfruta coa froita nas clases de educación física. Percibíndoa polos distintos sensos.

DISFRUTANDO COAS FROITAS!!!!

O alumnado de primeiro e segundo quíxolle  dar un protagonismo especial as froitas, neste curso. E decidiu elaborar uns fermosísimos disfraces de froitas con materiais de reciclaxe para celebrar o entroido. 

NOVO CONTENEDOR!!!!

Alumnado de distintos niveis de infantil e primaria traballaron nun man a man, na decoración dun novo contenedor que será empregado para votar os restos orgánicos das merendas que despois se levarán ao composteiro.

 

O ALUMNADO DE 4A COA PATRULLA VERDE

O alumnado de 4º ademáis de darlle importancia a reciclaxe do lixo, tamén experimenta coa redución tanto na cantidade coma no seu volume.

ALUMNADO DE 5 COA PATRULLA VERDE

6º A e 5º COA PATRULLA VERDE

 

Alumnado de 5 e 6 revisando os campos de xogo despois do recreo.

ALUMNADO DE 6B. COIDAMOS OS NOSOS ESPAZOS.

 

Seguindo o PDI Planeta Azul- Planeta Verde o alumnado do centro  valora importancia de xogar, camiñar,...., nuns espazos limpos. 

 

Para o que os distintos curso levan a cabo diferentes actividades, dende a PATRULLA VERDE, promovendo a recollida e clasificación dos seus propios lixos. Tomando así conciencia de que a pesares de todo o traballado en canto ao coidado do planeta en múltiples ocasións seguímonos esquecendo de que temos contenedores e papeleiras e do noso lixo segue a rematar no chan.

                                                         

                                                               

What´s in season in Spain?

Na clase de inglés, o alumnado de 5º, estivemos a facer un traballo de búsqueda de información sobre a froita de temporada en España e razóns para consumila. Mediante a actividade cooperativa de "Folio xiratorio" (neste caso "Bandexa xiratoria") fixemos un calendario de froita de temporada. Despois as razóns para consumir froita de temporada, quedaron recollidas nuns colgantes nos calendarios.

 

 

 

 

PREMIADOS DE "O SON DO PAZO"

O "son do Pazo" entrega os premios do concurso de relatos curtos.

O PRIMEIRO PREMIO recae nunha alumna do centro: ANTÍA PEXEGUEIRO de 5º de Primaria.

O TERCEIRO PREMIO recae nun alumno do centro: PEDRO VILAS de 3º de Primaria.

Sentímonos orgullosos polos nosos alumnos/as, MOITOS PARABÉNS.

 

5 anos "Dis-Fruta-Mos" coas nenas e nenos de ACEESCA

O alumnado de 5 anos levou a cabo un obradoiro de froitas compartido cos nenos e nenas do centro ACEESCA. Saboreamos deliciosas froitas, fixemos chaveiros, marcapáxinas, barcos que atracaron na nosa clase cheiños de froita.

DIS-FRUTA-MOS!!!!

 

 

9 meses 9 froitas

No noso centro querémolo saber todo sobre as froitas, beneficios, orixe, receitas,....

Para o que votamos as nosas froitas favoritas e despois estudámolas dun xeito globalizado, dende as mates, a ciencia, as linguas e nun ano adicado a arte; buscamos todo tipo de obras onde houbese a froita que nos correspondeu, escultura, contos, cadros,....

A información está  pendurada a modo de libros a disposición de toda comunidade educativa.

 

DÍA DE LIBRE DISPOSICIÓN

Infórmase a todos/as os/as responsables do alumnado do centro que o martes, 2 de maio foi escollido como día de libre disposición polo centro, aprobado en Consello Escolar, polo tanto non haberá clase e o centro permanecerá pechado. 

FAGAMOS UNHA CURTAMETRAXE!!

Documentación para facer as curtas

 


EXEMPLOS DE CURTAMETRAXES:

   

AS FROITAS E AS ESTACIÓNS NA CLASE DE 1ºA

As nenas e os nenos de 1ºA reciben as estacións dun xeito moi saudable. Coñecendo e saboreando as froitas de tempada. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut