Skip to Content

Blogues

Saida de 4º a Mirambel

 O xoves 26 de maio o alumnado de cuarto visitamos a Finca Mirambel para coñecer o pequeno museo e a "Vila Romana". Alí contemplamos os restos de terma e a salina.

 

 Contrastamos o aprendido en Sociais coa realidade. Decatámonos que lembramos moitas cousas.

 

 Puxémonos moi contentos cos parabéns da monitora polo noso comportamento e coñecementos. 



VIII CERTAME DE CURTAMETRAXES

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no 8º Certame de Curtametraxes proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística e en colaboración co Equipo Tic.

 AS NOUSAS COUSAS

 PROHIBIDO RENDERSE

 MURDER

 O MELLOR TESOURO É A AMIZADE

 O NENO DE INTERCAMBIO

 OITO APELIDOS GALEGOS

 O TESOURO É ...

 UN ABURRIDO DÍA

PÁNICO 

O NAUFRAXIO

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES, UN BO TRABALLO!!

FESTIVAL DE CANS

 

Os alumnos de 5º e  6º fixemos unha visita ao Festival de Cans. Alí puidemos ver diferentes curtos no baixo de Bugarín. Ademais recorremos os espacios máis emblemáticos do pobo como o torneiro onde nos fotografiamos nun chimpín, entramos no galiñeiro onde se fan os concertos e estivemos nas leiras onde se fan os coloquios cos directores. Foi un gran día e pasámolo de cine!!!

EXCURSIÓN INFANTIL 4 DE MAIO

O pasado día 4 de maio todos os de Infantil fomos de excursión a ver un concerto de Mamá Cabra. Antes pasamos polo parque de Castrelos. Aquí podedes ver o ben que o pasamos...

 

CARACTERÍSTICAS E CURIOSIDADES DOS ANIMAIS DOS PRODUTOS

          Na aula de informática completamos a información que tíñamos sobre os peixes e mariscos.

          Apuntamos algunha curiosidade para poñer máis tarde no mural que empezamos a elaborar en sesións anteriores e así rematalo.

          Unha vez na clase, en folios de cores, anotamos os datos relevantes atopados na búsqueda e pegámolos ao lado das fotografías e cartóns das conservas.

          Compartimos o noso traballo no corredor da escola.

 

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN POR EQUIPOS!!

Durante esta semana os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria continuamos "póndolle as pilas ao noso bocata" a través da estructura do grupo de expertos. Por grupos buscaron información sobre os animais mariños cos que se poden elaborar conservas. 

Unha vez recopilada e posta en común, da información en cada grupo, fixeron unha exposición do traballo realizado ao resto dos compañeiros.

REUTILIZAMOS AS LATAS

As aulas de 4 anos propuxémoslle as familias que lle deran unha segunda vida ás latas de conserva.

Este é o fermosísimo resultado do seu esforzo.

 

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

 

PESCA EN XERUSALÉN

Dende a área de Relixión traballaron o sector pesqueiro partindo do centro de interés dos milagres "dos pans e dos peixes".

 

 
Podedes ver todo o traballo e material no blogue: http://5panes2pecesreli.blogspot.com.es

RECORDAMOS AS NOSAS RECEITAS

   
   
  

COMEMOS BOCATAS DE CONSERVAS

ANALIZAMOS A INFORMACIÓN DAS LATAS

Distribuir contido


by Dr. Radut