Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2019/2020

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2019/2020. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS

1. Asignación de libros de texto do fondo solidario do centro (3º, 4º, 5º e 6º curso de EP):

  • Alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar ata que se esgoten as existencias.

  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda.

 

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

  1. Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros de texto

  2. Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € ou inferior a 9.000 €: 4 libros.

  3. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros con independencia da renda.

 

*ACLARACIÓN IMPORTANTE: É conveniente presentar a solicitude en calquera caso, aínda que non se estea en ningún dos supostos anteriores de renda ou situación de garda/tutela ou discapacidade, dado que en primeiro lugar se fará a asignación de libros dispoñibles no fondo solidario do centro ata esgotar existencias.

 

2. Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º curso de EP):

  1. Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 : 170 .

  2. Alumnado con renda per cápita superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9000 : 90 €.

 

3. Axudas para adquirir material escolar (alumnado matriculado en EP):

  • Renda per cápita ata 5.400 : 50 .

     

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

 

  • A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables.

  • A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que teñan ingresos de calquera natureza. Cando se presentase declaración do IRPF no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible de aforro (recadro 435). Cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT (certificado tributario de imputacións no exercicio 2017 da persoa solicitante e do resto dos membros computables daunidade familiar, de ser o caso).

     

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

  • A solicitude será única para todos os fillos/as.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía elctrónica nos formularios normalizados (Anexo I) dispoñibles na aplicación informática “fondolibros” a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

  • Opcionalmente, poderá presentarse solicitude de forma presencial no centro, en horario administrativo.

  • O formulario de solicitude (Anexo I) pode recollerse no centro, estando tamén dispoñible no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  • A solicitude deberá estar asinada pola nai, pai, titor/a ou representante legal.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN

 

  • Anexo I. Solicitude.

  • Anexo II. Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

  • Copia e orixinal do Libro de familia ou documento acreditativo da situación familiar a 31 de decembro de 2017.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún/dalgunha dos/as membros da unidade familiar, de ser o caso.

  • Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.

  • Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2017.

 

*IMPORTANTE:As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro, deberán devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2018/2019,estando excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de EP.

 

Xove, a 28 de maio de 2019.

 

O equipo directivo.



page | by Dr. Radut