No taboleiro interior do colexio están colgados os listaxes DEFINITIVOS de alumnado admitido e non admitido para o curso 2022-2023.
Prazo de reclamacións: Poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes.
Lembramos que o prazo para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño.
Presentación solicitude de admisión: 1 - 21 de marzo.
A solicitude será única e poderase presentar:
Preferentemente de forma electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
ou de forma presencial no centro educativo. Modelo solicitude admisión (ED550B)
Lexislación e información:
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
Corrección de erros. Orde do 12 de marzo de 2013
Información e calendario admisión curso 2022/23
Instrucións da Dirección Xeral de Centros proceso de admisión curso 2022/23
As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.