Skip to Content

Solicitudes de Transporte Escolar: Paradas curso 2020-2021

IMPORTANTE

Todos os usuarios do transporte escolar siguen utilizando as mesmas paradas do curso 2019-2020.

Se queren modificar as paradas  teñen que cubrir o seguinte anexo e presentalo no centro ou envíalo por correo electrónico  ata o día 13 de xullo de 2020 inclusive.

Solicitude e autorización de parada de transporte escolar 2020/2021

USUARIOS LEXÍTIMOS:

Instrución 1/2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 8 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2020-2021.  

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. 

Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa. 

Neste senso, excepcionalmente, pode considerarse como domicilio do alumnado o daqueles familiares cos que o menor efectivamente conviva. Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida para tal efecto polo concello, a partir de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.  

Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2020-2021. 

 

Instrución 1/2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 8 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2020-2021 

A  posibilidade excepcional por parte das direccións dos centros educativos de dobre asignación de paradas a un mesmo escolar unicamente poderá producirse no caso de que existan prazas baleiras e cando as paradas solicitadas existan nos itinerarios aos colexios e en ningún caso supoña a creación dunha parada nova nin alteración do deseño da ruta ou rutas afectadas, de tal xeito que a única modificación operada nelas se restrinxa á incorporación do alumno beneficiario mediante a súa asignación á segunda parada solicitada.  

Unha vez avaliadas polo centro de ensino as peticións e as xustificacións presentadas e comprobada a existencia de prazas libres nos buses, os colexios implementarán na aplicación "transporte escolar" a dobre asignación de paradas, cuxa idoneidade terá que ser validada antes da súa utilización polos servizos de recursos educativos complementarios provinciais. Feito isto, os centros de ensino comunican a dobre asignación autorizada ás familias e as empresas de transporte escolar, adxudicatarias dos servizos. 



page | by Dr. Radut