Skip to Content

Novo patio de infantil

Como sabedes, durante o verán o patio de infantil tivo un bo lavado de cara. Mirade que cambio!

    Tiramos unha das casiñas de plástico que estaba xa estropeada e contruimos no seu lugar unha de madeira con palets cedidos por Quique(pai de Brais Vila de 4º).

Coa enorme axuda de Chus (axuda por dicir algo, porque en realidade foi ela xunto coa súa familia a que levou o peso da construcción da casiña) e a colaboración dalgunhas profes fumos avanzando no proxecto de reforma do patio de infantil.

Tamén pintamos pneumáticos (cedidos polo taller que temos ao lado do cole) e as colocamos no bordo do areeiro para delimitar a zona, que a principio de curso foi reenchida de area. E algunhas rodas que pintamos de máis, están soltas polo patio e tamén as usan para xogar, rodar, amontoar...

Por outro lado, os donos do serradoiro que temos enfronte do cole, regaláronnos un tablón de madeira coas súas respectivas patas, 6 asentos e dous pratiños, para poñer no "xardín" da casiña.

E xa para poñer a guinda ao noso patio, a principio de curso a nai de Candela Piñeiro 3º, coseu e colocou a cortinas que agora decoran a nosa casiña.

Como vedes temos un patio no que non falta de nada.

Moitísimas grazas a todos os que colaborastes na reforma.

 



blog | by Dr. Radut