Skip to Content

Día da Paz

Hoxe todo o cole botouse aos corredores para cantar e bailar a canción que estivemos a preparar estas semanas para celebrar o día da Paz.

Este ano, o lema da canción foi "Gracias a ti". Con este lema fixemos o mural da entrada e mandamos mensaxes de agradecemento a esas persoas que consideramos importantes na nosa vida por un motivo ou outro.

Temos moito que agradecer a toda a xente que nos rodea e que axuda a que este mundo teña un pouquiño máis de Paz. Por iso, dende aquí cantamos:

GRAZAS A TI!

 



blog | by Dr. Radut