Skip to Content

Obradoiro de radio "Ponte nas ondas"

Hoxe o grupo de 5º de primaria estivo case toda a mañá nun obradoiro de radio escolar.

Practicamos a entoación, pronunciación, puxemos voces, aprendemos a colocarnos diante do micro... e por suposto realizaron un pequeno podcast (arquivo de audio) que depois fumos modificando para eliminar os erros de pronunciación, os silencios que non correspondían, etc. E todo isto á vez que traballamos a cooperación, traballo en equipo e respecto polos demais.

En breves remataremos de preparar a nosa primeira gravación co programa que nos ensinaron e progresivamente irémolo empregando para a nosa radio escolar.

Estade atentos!

Mentres tanto, podedes ver o ben que o pasamos!

 



blog | by Dr. Radut