try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Otero Pedrayo

ORGANIZACIÓN ESCOLAR PARA O CURSO 2014/2015

01/10/2014 12:37
Atlantic/Bermuda

CONSELLO ESCOLAR

REPRESENTACIÓNS

TITULARES

Presidencia

Dna. Luz Elena Grande Ferrero

Vicepresidencia

Dn. Víctor Manuel Casal Rodríguez

Secretario

Dn. José Manuel de la Fuente Veleiro

Representante do profesorado

Dna. Tania López Cabello

Representante do profesorado

Dna. Concepción Losada Gómez.

Representante do profesorado

Dna. Olga Montoto Rivas

Representante do profesorado

Dna. Ana Rúa Rodríguez

Representante dos pais/nais

Dna. Susana Pardellas Gómez

Representante dos pais/nais

Dn. Enrique Vila Barros

Representante da ANPA

Dn. Eduardo Vázquez Pérez

Representante do Persoal de Servizos

Dna. Mª Jesús Fernández Giráldez

Representante do Concello de Vigo

Dna. Mª Luísa Otero Vázquez

PROFESORES TITORES E ESPECIALISTAS

EDUCACIÓN INFANTIL

NIVEL

PROFESOR/A

Infantil -3 anos

Dna. Tania López Cabello

Infantil -4 anos

Dna. Jana Luaces Ibáñez

Infantil -5 anos

Dna. Mª Paloma Presa Pérez

Infantil-Apoio

Dna. Mª Lucía Pazo Piñeiro (coordinadora)

EDUCACIÓN PRIMARIA

NIVEL

PROFESOR/A

1º E.P.

Dna. Silvina Domínguez Blanco

2º E.P.

Dna. Susana Gallego Riveiro

EDUCACIÓN PRIMARIA

NIVEL

PROFESOR/A

3º E.P.

Dna. Olga Montoto Rivas

4º E.P.

Dna. Concepción Losada Gómez

EDUCACIÓN PRIMARIA

NIVEL

PROFESOR/A

5º E.P.

Dn. Víctor Manuel Casal Rodríguez

6º E.P.

Dna. María Prelchi Gallego

ESPECIALISTAS

ESPECIALIDADE

PROFESOR/A

Educación Musical

Dna. Susana Vázquez Rial

Educación Física

D. José Manuel de la Fuente Veleiro

Lingua Inglesa

Dna. María Consuelo Prelchi Gallego e Sandra Juncal Gestido

Psicopedagoxía e Orientación

D. Naría Masana Martínez

Pedagoxía Terapéutica

Dna. Vanesa Davila Alén

Audición e Linguaxe

 

Educación Relixiosa

Dna. Ana Rúa Rodríguez

       

 

 

 

 

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA. CURSO ESCOLAR 2014/2015

 

 

O Claustro de Profesores/as do C.E.I.P. “Otero Pedrayo” de Matamá-Vigo saúda a todos os pais/nais dos alumnos/as. A través da presente circular ofrecemos información de interese relativa ao presente curso escolar 2014/2015. Pregamos que a conserven ao longo do curso para poder ser consultada.

 

 

HORARIO  DE  ATENCIÓN  AOS  PAIS/NAIS

·        

DIRECCIÓN: luns e martes de 9:00h a 9:45h e de 13:05h a 14:00h; xoves de 9:50h a 10:40h e venres de 9:00h a 9:45h.

·        

SECRETARÍA: luns, martes, mércores, xoves e venres de 9:00h a 9:50h.

·        

XEFATURA DE ESTUDOS: luns, martes, mércores, xoves e venres de 12:00h a 13:00h.

·        

ORIENTACIÓN:luns, mércores e venres de 9:00h a 9:50h e martes de 16:00h a 16:45h (con cita previa).

·        

PROFESORES TITORES/AS:Todos os martes pola tarde de 16:00h  a 16:45h.

·        

A.N.P.A.: Todos os días lectivos pola mañán de 9:0h  a 9:15h  e polas tardes de

16: 00h  a 17:30h.

 

CALENDARIO  ESCOLAR

 

 Segundo a Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia:

 No 2.º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos os dous inclusive.

 

XORNADA 

·        

 A xornada lectiva durante todo o curso escolar será de 9 a 14 horas, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria. O horario do comedor será de 14 a 16 horas.

 

PERÍODOS  DE  VACACIÓNS

 

1. Nadal: do 22 de decembro de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015, ambos os dous inclusive.

2. Entroido: 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.

3. Semana Santa: do 30 de marzo ao 6 de abril de 2015, ambos os dous inclusive.

DÍAS  NON  LECTIVOS

·        

31 de outubro de 2014: día do Ensino.

·        

8 de decembro de 2014: día da Constitución española.

·        

20 de marzo de 2015: día de San José.

·        

1 de maio de 2015: Festa do traballo.

·        

3 de novembro de 2014: día non lectivo escollido pola Asociación de directores de Vigo.

·        

4 de maio de 2015: día non lectivo escollido pola Asociación de directores de Vigo.

 

RECOMENDACIÓNS  AOS  PAIS/NAIS

Pedimos aos pais/nais do Colexio:

 

- colaboración responsable cos distintos estamentos que compoñen o Centro (Profesorado, Consello Escolar, Persoal non Docente e A.N.P.A.  para beneficio de toda a Comunidade Educativa.

 

- Asistir ás distintas reunións de Nivel/Ciclo para recibir unha información directa do equipo de profesores/as.

 

- Solicitar con tempo suficiente ao titor/a unha entrevista, polo menos unha vez por trimestre,  para interesarse polo seguemento do progreso educativo do alumno/a.

 

- PUNTUALIDADE no horario de entrada e saída do colexio.

 

- Despedir e esperar aos alumnos/as de Educación Infantil e Primaria na entrada do Colexio.

 

- Non acceder ás aulas en horario escolar e interrumpir as sesións de clase.

 

- Informar ao titor/a do alumno no caso de que teña algunha enfermidade contaxiosa e evitar levar ao alumno ao centro mentres  exista perigo de contaxio.

 

- Facilitar o dereito dos nenos/as a asistir ao colexio, a non ser por unha causa xustificable. As faltas de asistencia ou os retrasos deben ser xustificadas por escrito polos pais/nais e presentadas ao titor/a correspondente e rexistradas no libro de incidencias.

 

- Revisar as cabezas dos nenos/as por se teñen piollos. É obligatorio, no caso de contaxio, aplicar tratamento e durante tres días non levar ao neno/a as clases para evitar posibles contaxios.

 

- Non aparcar nos espazos destinados aos autocares que fan o servizo de transporte   escolar durante o horario escolar e os períodos de entradas e saídas do centro.

 

- Non aparcar o coche dentro do recinto escolar.

 

- Non traer ao centro cans nin animais perigosos.

 

- No caso de que algún alumno usuario habitual de comedor  non o vaia facer uso del un día en concreto, podedes avisar á A.N.P.A antes das 9:15h. para que a empresa non cobre o menú dese día.

NORMATIVA PARA O ALUMNADO

 

·        

O alumnado deberá asistir a clase con PUNTUALIDADE  e correctamente vestido e aseado.

 

·        

Os alumnos/as tanto de TRANSPORTE ESCOLAR como de COMEDOR ESCOLAR deberán ter un comportamento correcto e respetuoso cos seus  encargados/as.

 

·        

Os alumnos non poderán  saír do colexio en horas lectivas, se non son acompañados dun familiar ou persoa responsable dos mesmos, e sempre co coñecemento previo do seu titor/a ou do profesor/a que lle imparte clase nesa hora.

 

·        

As faltas de asistencia a clase deberán ser xustificadas polos pais/nais ó titor/a, por escrito.

 

·        

Os informes das avaliacións que envíe o Centro ás familias deberán devolverse ao titor/a nun prazo dunha semana, debidamente asinado polos seus pais /nais.

 

·        

Unha vez rematadas as súas actividades lectivas, complementarias ou extraescolares o alumnado  non poderá permanecer dentro do recinto escolar sen autorización.

 

·        

As familias que decidan, por calquera circunstancia, deixar algun día esporádico aos seus fillos/as a xantar no comedor escolar deberán avisar o día anterior nas oficinas da A.N.P.A.

ÓRGANOS COLEXIADOS DO CENTRO ESCOLAR

EQUIPO DIRECTIVO

CARGO

PROFESOR/A

DIRECTORA

Dna. Luz Elena Grande Ferrero

XEFE DE ESTUDOS

Dn. Víctor Manuel Casal Rodríguez

SECRETARIO

Dn. José Manuel de la Fuente Veleiro

 

 

 

 

 

 

 

MEMBROS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA)

PRESIDENTE

Enrique Vila Barros

VICEPRESIDENTE

Eduardo Vázquez Pérez

SECRETARIA

Carmen Montes Abalde

TESOUREIRO

Diego Álvarez Gil

VOGAL

Verónica Lago Domínguez e Rebeca Pérez Rrodríguez

COLABORADORAS

Jessica Garrido Posada e Patricia Gil Rodríguez

REPRESENTANTE

 CONS. ESCOLAR

Eduardo Vázquez Pérez