try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Otero Pedrayo

PUBLICADA A ORDE DO 28 DE MAIO DE 214 POLA QUE SE CONVOCAN AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO 2014/2015

30/05/2014 20:23
Atlantic/Bermuda

 

INFORMACIÓN GRATUIDADE SOLIDARIA 14-15

Ante as dúbidas plantexadas respecto o uso do vale de libros, e consultadas estas, ante o órgano correspondente da Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria, aclarar que segundo a orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisicion de libros de texto destinadas ao alumnado de Educación Primaria (DOG 30 de maio de 2014), artigo 14 :

- A concesión da axuda obriga a destinar o importe na súa integridade á ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO propios do curso académico para o que se solicita a axuda, polo que seguindo instruccións da Conselleria de Educación, os Centros non poderán admitir en setembro libros de texto usados. 
Tal como indica a Orde de gratuidade solidaria, deben destinar o importe do vale,  á adquisición dos libros de texto nas librerias.

- Somentes se admitirían libros "usados" no caso dos libros que NON PUIDERON SER ADQUIRIDOS CO VALE debido a que  o importe concedido pola Consellería de Educación non foi suficiente para mercar a totalidade dos libros de texto

- Outra das obrigas dos beneficiarios dos vales é devolver os libros que foron adquiridos con cargo ao importe das axudas en xuño para incorporalos a un banco de libros de tal forma que poidan ser reutilizados durante 6 anos polo alumnado do centro, tal como di a normativa.

A Consellería de Educación porá a dispoición dos centros unha aplicación informática onde aparecerán reflexados os libros adquiridos por cada alumno-a con cargo ao importe do vale para poder solicitar estos libros o alumnado en xuño

- Prégase que non poñan o nome dos nenos-as nos libros de texto adquiridos co  importe do vale

                A dirección

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS FIGURA A ORDE COMPLETA E O ANEXO I PARA SOLICITAR A AXUDA.

Obxecto da convocatoria e procedemento

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado eneducación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

 

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Lugar de presentación.

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para acreditar a data de presentación da solicitude.

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2014/2015.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.

d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculados con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como datalímite o 31 de marzo de 2015.

Gratuidade solidaria: solicitudes e documentación
 

Volver gratuidade solidaria

 

 

1. As solicitudes poderán obterse na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán  descargar en formato pdf.

Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 desta orde, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

 

2. Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno presentarase orixinal e copia da documentación,  co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.  En caso de que a presentación non se faga no centro deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

 

A documentación a achegar en cada caso é a seguinte:

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2012:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, segundo establece o Decreto 229/2011, do 7 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 21)unicamente deberá presentar a solicitude de axuda.

O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitude da axuda.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.

3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

 

AdxuntoTamaño
axudas libros.pdf933.57 KB
solicitude_en_galego_anexo_i.pdf683.7 KB