Skip to Content

AVISO!! CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016

AVISO !!!! CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-2016.

1.- NORMATIVA VIXENTE: Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

2.- CALENDARIO DE ACTUACIÓNS, PUBLICACIÓNS E PRAZOS. 

  • DO 1 AO 19 DE FEBREIRO:

          Reserva de praza dos alumnos de 6º EP para o IES "JULIO PRIETO NESPEREIRA" (6º INSTITUTO), presentando na secretaría do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, debidamente cuberto, o ANEXO I.

  • ANTES DO 1 DE MARZO:

          Publicación por parte do centro no taboleiro de anuncios dos postos provisionais vacantes.

  •  DO 1 AO 23 DE MARZO:

           Presentación de solicitudes de admisión alumnado que:

              1.  Cambia de centro educativo.

              2.  Se escolariza por 1ª vez:

A solicitude (Anexo II), xunto coa fotocopia do libro de familia ou do DNI, entregarase no centro elixido en 1º lugar.

  •  ANTES DO 25 DE ABRIL:

         Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no taboleiro.

  • ANTES DO 15 DE MAIO: 

        Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

  •  ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO:

        Formalización de matrícula (Anexo III-1), na secretaría do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo para o alumnado de Educación Infantil e   Educación Primaria.

  • DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO:

        Formalización da matrícula (Anexo III-2),na secretaría do IES elixido en 1º lugar para ensinanzas de ESO e bachalerato.



blog | by Dr. Radut