try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Curso 2014-2015

Progr23: Pazos de Reis - Tui (28/05) – DESPEDIDA TEMPADA 2014-2015


15:06 minutes (13.83 MB)

        Este é un programa cheo de agradecementos no que Rocío, David e Alba M. de 6º despiden, dende a Radio Municipal de Tui, esta tempada 2014-2015 da experiencia de recomendación de libros a través das ondas, e coordinan as despedidas das escolas que colaboraron ao longo do curso: Vicente Risco de Vigo, As Covas de Meaño, Chancelas de Poio, Sobrada de Tomiño e CEIP Nº2 de Tui.

 Esperamos contar con todas de novo para o vindeiro curso.

 Bo verán e boas aventuras cos libros!

Progr22: Sobrada - Tomiño (21/05) – A ILLA DE TODAS AS ILLAS


8:18 minutes (7.6 MB)

TÍTULO:  A illa de todas as illas

AUTOR: Xabier P. Docampo

ILUSTRADOR: Xosé Cobas

EDITORIAL: Xerais

 

Un libro breve de aventuras intensas, con barco, illa deserta, nenos perdidos, planos e plans,…

Progr21: Pazos de Reis - Tui (14/05) – COLECTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2015: OS CÓMICS


12:03 minutes (11.04 MB)

RESUMO: No CEIP de Pazos de Reis fixemos un programa monográfico sobre o cómic. Recomendamos varios libros, segundo as idades dos nenos que nolos aconsellaron.  Os nenos e nenas de infantil e primeiro leron cómics dos Bolechas, de Pepe Carreiro, que lles gustaron moito.  Os de cuarto recomendáronnos  “ Max é moi torpe”, da escritora francesa Dominique de Saint Mars, na que conta a historia de Max , ao que todos vían como un neno torpe, pero ao que o seu primo lle fai ver  que con traballo todos podemos mellorar moito. Os de sexto leron  “ Os Barbanzóns na noite de Samaín” de Pepe Carreiro.

Progr20: As Covas - Meaño (07/05) – O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES


6:37 minutes (6.06 MB)

TÍTULO: O estanque dos parrulos pobres

AUTORA:  Fina Casalderrey

EDITORIAL: Rodeira- Tucán

RESUMO: 

Dende o CEIP As Covas de Meaño recomendáronnos este fermoso libro de Fina Casalderrey que segundo din eles,  ten un final un pouco triste. Conta a historia dunha nena, Noema , que ten unha nai que traballa moito, por iso está pouco con ela. O seu pai tamén ven pouco pola casa e ela vive co seu avó, do que aprenderá moitas cousas porque é un  home moi sabio, pero bastante maior e un pouco enfermo.

Progr19: Vicente Risco - Vigo (30/04) – MATILDA


12:41 minutes (11.61 MB)

 

TÍTULO:  Matilda

AUTOR: Roald  Dahl

ILUSTRADOR: Quentin Blake

EDITORIAL: Alfaguara Xuvenil

RESUMO:

 Os nenos do CEIP Vicente Risco de Vigo, presentáronnos este libro publicado xa no ano 1988 e que foi traducido a moitísimos idiomas, entre eles ao galego. Contáronnos cousas da biografía do autor.

 Este libro conta a historia de Matilda, gran lectora e moi intelixente, moi admirada por todos, menos polos seus pais. Ten poderes estraños e marabillosos que emprega contra a maléfica señorita  Trunchbull, a directora do seu cole. Contáronnos moitas historias deste libro que parece moi, moi interesante. Tamén se fixeron unha película e un musical baseados nesta historia.

Progr18: CEIP Nº2 - Tui (23/04) – THORA Y SUS DOS MUNDOS


4:40 minutes (10.7 MB)

TÍTULO: Thora y sus dos mundos

AUTORA: Gillian Johnson

EDITORIAL: Alfaguara

COLECCIÓN: Infantil Serie Laranxa

 O alumnado de 5º adica o seu programa, emitido no Día do Libro 2015,  a Thora, alguén que se move entre dous mundos. Pero, quen é Thora?

 

 Primeiro escoitade o programa de radio,  logo lede o libro e así resolveredes todas a dúbidas. 

Progr17: As Covas- Meaño (16/04) – LIBROS DE PAULA CARBALLEIRA


10:02 minutes (9.19 MB)

TÍTULO:  Chímpate, Pepa!

AUTORA:  Paula Carballeira

ILUSTRACIÓNS: Xoana Almar e Miguel Peralta

EDITORIAL: Triqueta Verde

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º do colexio As Covas son os locutores e locutoras deste programa. Recoméndannos ler libros da actriz, contacontos e escritora Paula Carballeira. Din eles que leamos os que queiramos, porque todos son divertidos e hai onde escoller: narrativa, poesía e teatro. 

Neste programa fálannos un pouco  do libro “Chímpate, Pepa!” 

E inclúen unha divertida  entrevista, que lle fixeron a Paula cando os visitou na escola, e unha canción con letra dun poema do libro “Contatrás” e música de Paulo Nogueira.

 

Progr16: Vicente Risco - Vigo (26/03) – EN TU PIEL


5:07 minutes (4.68 MB)


TÍTULO: Na túa pel

AUTOR: Emmanuel  Bourdier

ILUSTRACIÓNS: Emre Orhun

EDITORIAL:  Takatuka

 

RESUMO:  Os nen@s de 4º do CEIP Vicente Risco de Vigo, recoméndannos un libro que eles leron no seu curso. Os protagonistas desta historia son Ricardo e Malala, que son compañeiros de clase . Pero Ricardo odia a Malala porque é negra. O que el non sabe é que todos somos iguais; el pensa que só el é o mellor. Terá que pasarlle algo moi especial e extraño para que se dea de conta do equivocado que está (unha mañá despertará convertido nun neno negro)  e, como son as cousas!, rematarán sendo Malala e os seus irmáns os que lle axudarán. Ao final serán grandes amigos.

Progr15: CEIP Nº2 - Tui (19/03) – EL DÍA EN QUE EDU SE CONVIRTIÓ EN CUCARACHA


3:13 minutes (2.95 MB)

 TÍTULO: El día en que Edu se convirtió en cucaracha

AUTOR:  Jordi Sierra i Fabra

EDITORIAL: Alfaguara

ILUSTRADOR:  Gabriel Pacheco

RESUMO:

Edu é un neno de 12 anos que vive aventuras moi divertidas. Todo empeza un día en que se ergue e, ao irse  duchar, nota uns cambios estraños no seu corpo. É o comezo da súa metamorfose. Cada vez parécese máis a unha …

 

Outros personaxes do libro son: Lucía a súa irmá, Roque o seu compañeiro, a señorita Asun a  súa mestra, e moitos máis.

Progr14: Chancelas - Poio (12/03) – LA NOCHE DE LOS MONSTRUOS


7:20 minutes (6.72 MB)

AUTOR: Manuel Luis Alonso

TÍTULO: La noche de los monstruos

EDITORIAL: Alfaguara infantil

ILUSTRADOR: Julián Hormigos

RESUMO:

 

 Os nenos e nenas de 3º de primaria do cole de Chancelas, presentáronnos un libro moi chulo, que eles leron. Nas súas páxinas podemos atopar pantasmas, esqueletes, mortos vivintes … e ata unha princesa chinesa, pero é  que ademais atoparemos moitas mensaxes en clave que nós levarán á procura dun misterioso tesouro.

Distribuir contido