Skip to Content

PLÁSTICA 5º e 6º de Primaria

TAREFA 8 DE XUÑO

Imos coñecer a un pintor moi famoso, chamado MONET. No seguinte vídeo imos coñecelo un pouco e ver tamén o estilo pictórico que usaba nos seus cadros. .

 

Unha das súas obras máis famosas e o ESTANQUE DOS NENÚFARES

 

TAREFA

Nesta ocasión imos facer o noso cadro dun estanque dos nenúfares. 

1º Collemos un folio e coloreámolo para facer o estanque (FIXÁDEVOS DE COLLER VARIOS TONOS DE AZUL  E MEZCLAR TAMÉN AMARELOS, LARANXAS E VERDES PARA DAR UNHA SESACIÓN DE LUCES COMO A QUE PODEDES VER NO CADRO ORIXINAL)

2º Facemos 3 ou catro nenúfares de papiroflexia seguindo o vídeo explicativo que vos deixamos aquí. 

3º Unha vez feitos os nenúfares pegádelos nos vosos estanques e xa tedes o voso estanque dos nenúfares rematado. 

 

 

TAREFAS 25 DE MAIO (TEDES 15 DÍAS PARA FACELA)

Recordade que é moi importante ler o que poñemos nas instrucións da tarefa, para facela ben feita. 

EXPLICACIÓN DA TEORÍA

 

Hoxe imos ver como debuxar en perspectiva cónica usando o punto de fuga. 

O punto de fuga é un punto que marcamos nun lugar do folio e hacia o que imos debuxar líneas que unen o punto cos vértices de diversas figuras. Como podedes ver nesta imaxe. 

 

Deixámosvos aquí unhas capturas de pantalla do vídeo que teredes ao final por se non o podedes ver, pero daravos unha idea do que podedes facer. 

 

 

   

 

TAREFA

A vosa tarefa consiste en crear un debuxo con esta técnica. 

Para esta tarefa é imprescindible o uso dunha regra. 

1º Marcades nun folio o punto de fuga. Este debe estar a media altura do fondo do folio. Pero logo podedes poñelo máis á dereita ou á esquerda, non ten que estar centrado.

2º Debuxades mínimo tres figuras afastadas do punto, se son poligonais seravos máis sinxelo, porque o  ideal é que teñan esquinas que poidades unir co punto de fuga.

3º Debuxadas as figuras unides as esquinas de cada figura co punto de fuga.

4º Coloreades o resultado final. 

 

As vosas creacións non teñen porque ser unha copia do que vedes aquí. O que tedes é que enteder a técnica e logo crear os voso traballos propios. 

 

Se tedes algunhas tarefas pendientes non esquezadas mandarlle foto á vosa profe de plástica. 

 

TAREFAS 11 DE MAIO

Desta volta imos darvos 15 día para que fagades esta tarefa e rematedes as anteriores. Recordade que é moi importante que mandedes unha foto das tarefas ás profes para que vexan o voso traballo. 

A actividade que vos propoñemos consiste en facer un cartel publicitario. Este vídeo explica  un pouco como debe ser. 

Aquí tamén vos quedan uns exemplos de cartel

  

 

 COUSAS A TER EN CONTA CANDO VOS POÑADES CO VOSO CARTEL

1º UN CARTEL DEBE TER COMO MÍNIMO

- UN DEBUXO

- UN TEXTO (SLOGAN) QUE SEXA PEGAÑENTO

2º COMO O FACEMOS

- AS LETRAS DEBEN SER DUN TAMAÑO AXEITADO PARA PERMITIR A LECTURA SEN ACERCARSE MOITO E DEBEN SER CHAMATIVAS. 

- SELECCIONAMOS BEN AS CORES EN FUNCIÓN DO QUE QUEIRADES TRANSMITIR

- OCUPAMOS TODO O FOLIO PARA QUE SEXA BEN VISTOSO

3º A TEMÁTICA DO CARTEL PODE SER: 

- CONCIENCIAR AOS DEMAIS DE QUE TEMOS QUE COIDAR O MEDIO AMBIENTE

- MEDIDAS PARA COIDARNOS DO CORONAVIRUS

- VENDER UN PRODUTO

4º SERÍA FANTÁSTICO SE O FACEDES EN INGLÉS

 

 

TAREFAS 4 DE MAIO

A tarefa desta semana consiste en distribuir o espazo dun folio para facer un bo debuxo.

Recordaredes que sempre vos dicimos que hai que ocupar o espazo que temos. Pois ben imos ver aquí como se pode facer un bo reparto do folio.

Ao picar en cada imaxe accededes a un documento no que se vos vai guiando paso a paso para conseguir facer o debuxo da imaxe. 

O artista que fixo os dibuxos é LEANDRO LAMAS Picando no nome accedes á súa páxina para ver as súas obras. 

 

Escollede o debuxo que máis vos gusta e tratade de facelo igual. Unha vez debuxado mirade ás obras de Leandro Lamas e tratade de darlle a cor como se o fixera el. 

Recordade que é moi importante que lle mandedes unha foto das tarefas as profes, para que vexan como ides traballando. 

       

TAREFAS 27 DE ABRIL

O próximo domingo 3 de maio celébrase o DÍA DA NAI. Por iso propoñémosvos aquí distintas manualidades que podedes facer para agasallar ás vosas nais e porque non, tamén aos vosos pais ( posto que non celebramos o seu día) ,  que nestes días vos están axudando moito a levar o confinamento da mellor maneira posible. 

Escollede a manualidade que máis vos gusta. Adaptádea para que teña a vosa creatividade e incluso podedes empregar materiais diferentes. Agardamos ver unhas creacións fantásticas. 

 

 

 

 

TAREFAS 20 DE ABRIL

Nesta semana queremos deixarvos tempo para que rematedes os traballos anteriores e que lles mandedes as fotos á profe Isabel e á profe Patricia. 

 

Para os rapaces e as rapazas  que levades todo ao día deixámosvos aquí unha actividade voluntaria.

Neste video amosase como debuxar unha paisaxe. Gustarianos que fixerades a vosa propia creación partindo das pautas que vos dan nel. 

 

 

TAREFA 13 DE ABRIL

ORIGAMI  (PAPIROFLEXIA)

Esta semana imos practicar como dobrando un papel cadrado podemos conseguir un marcapáxinas que podemos decorar como máis nos guste para que sexa o noso marcapáxinas especial. 

Estes son algúns modelos que se poden conseguir. Pero recordade que nos gusta ver as vosas creacións persoais. Botádelle imaxinación e non esquezades mandarnos a foto do voso traballo feito. 

 

  

 Aquí vos deixamos os pasos que tedes que seguir para facer a base do marcapáxinas por se os queredes imprimir.

 

 

Se o preferides podedes seguir os pasos deste video para facelo. 

 

Neste video propoñémosvos un reto, a ver quen é capaz de facer este marcapáxinas máis difícil. 

 

 

TAREFA 31/03/2020

 

O MOVEMENTO CON KEITH HARING

Primeiro imos coñecer primeiro a Keith Haring e o seu estilo pictórico

E aquí veredes parte da súa obra

 

Como podedes ver pasamos do debuxo de cousas  sen movemento e sen vida como o representado  nun bodegón, ao debuxo con vida e movemento coa arte de Keith Haring. 

 Aquí vos deixamos algunha das súas obras sobre fachadas

Tuttomondo Keith Haring

E dous cadros para que vos fixedes nos detalles dos seus debuxos, as persoaxes, as liñas, as posturas.

 

Canto movemento, verdade que sí?

 

Pois como vos podedes imaxinar agora tócavos a vós ser artistas coma Keith Haring. 

Creade a vosa obra de arte usando a súa técnica (NON COPIEDES OS CADROS, facede montaxes novas).

Mostrade o movemento con posturas e liñas. 

Non vos esquezades de fixarvos nas cores, son moi vivas e fortes e crean contrastes e no perfilado, usa rotulador negro para repasar todas as siluetas. 

Adiante! Let's go!

Esperamos con emoción  as vosas obras de arte inspiradas en Keith Haring. 

Non esquezades mandarnos unha foto da vosa obra aos correos das profes. 

 

 

TAREFA 22/03/2020 

STILL LIFE

(O BODEGÓN)

Que é un bodegón?  

 Aquí vos deixo uns bodegóns de Paul Cézanne, un pintor francés que pintou moitos. 

 

E agora toca debuxar.

Vós tedes que facer o voso bodegón. Déixovos aquí un vídeo para que poidades ver como se fai. Non é preciso que o copiedes exactemente igual, podedes cambiar as froitas, a forma do froiteiro e as cores.  

Cando o teñades rematado mandádelle unha foto ás profes ao correo,  para que vexan o resultado

 

 



   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

page | by Dr. Radut