ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-21

Nota informativa sobre a admisión de alumnado para o curso  2020-2021

 

As familias que desexen matricular ós seus fillos/as no noso Centro, deberán presentar o impreso de solicitude de admisión, Anexo II código ED550B, da Orde do 25 de xaneiro de 2017, ( DOG nº22 do 1 de febreiro de 2017) e que poderán recoller no centro ou descargar da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

 O prazo de presentación de solicitudes é:

Telemática do 1 ao 20 de marzo.

 

No Centro do  2 ata o 23 de marzo.

(Por ser o venres 20 non lectivo para o noso centro).

 

O alumnado matriculado no centro non ten que facer ningún trámite de reserva cara o vindeiro curso escolar, xa que ten garantida a súa permanencia.

O alumnado que queira trasladarse de centro deberá:

Presentar a solicitude de admisión no novo Centro.

Solicitar na Secretaría un certificado de matrícula

Powered by Drupal - Design by artinet