Convivencia actividades

PARTICIPAMOS NA ENTREVISTA CON DAVID AMOR E CELIA FREIJEIRO no FARO DA ESCOLA.

Este luns participamos na entrevista que se lle fixo a David Amor e a Celia Freijeiro no Faro na Escola, que se levou a cabo no Auditorio de Mar de Vigo xunto a máis de mil estudantado de Vigo. Poidemos facerlle as nosas preguntas que previamente foron redactadas e consensuadas nas clases por todos nós.

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz no noso colexio. Un día para transmitir valores tan necesarios como a tolerancia e o respeto entre as persoas. Sabemos que non pode quedarse nun acto dun só día senón que ten que estar presente todos os días do ano. Así dende este colexio xunto coa Anpa participamos sempre nas xornadas de Igualdade porque nos preocupa moito este problema. 

Hoxe fixemos un mural recortando as nosas mans que simbolizaba a unión de todos e todas, cantamos cancións todos xuntos e fixemos o baile da fitas. Tamén en clase de plástica todo o alumnado fixo medallóns co símbolo da paz.

  

 

 

  

Finalistas no V Certame de Relato curto-FANPA.

Este ano participamos no colexio no V Certame de Relato Curto Fanpa. Está dirixido a toda comunidade educativa da Provincia de Pontevedra. Estamos de noraboa porque foron seleccionados de finalistas  alumnos do colexio e  un mestre que tamén participou. 

3º Curso: Saúl Rodríguez Fernández

4º Curso: Jessica Rodríguez Estévez e Anxo Fernández Lores

6º Curso: Ángela Vilar González e Anais Ferreira Quiroga

Mestre: Anxo Blas González.

Os relatos serán publicados pola editorial KalandraKa nun libro. Tamén serán publicados polo Diario de Pontevedra no verán. 

O diá 30 de Maio coñeceremos se temos algún gañador. Moita sorte para todos eles. Estamos encantados de  ser o colexio que máis finalista acadou.

 

CARREIRA GOTAS PARA NÍXER 2014

Como o ano pasado rematamos o curso escolar 2013/14 celebrando esta xornada deportiva, festiva e solidaria coa nosa III Carreira Gotas para Níxer dentro do programa educativo Enrédate de UNICEF.

As carreiras de Gotas para Níxer levan xa varios anos unindo nenos e nenas de centros escolares de todo o país cun obxectivo común: xuntar gotas de solidariedade destinadas ao desenvolvemento de proxectos de supervivencia infantil en Níxer, o país máis pobre do planeta.

Se picades nos seguintes enlaces podedes disfutar de dous contos moi bonitos e da canción coa que animaremos o evento este ano.

A gota de Cucho

Nimbo e a carta de Níxer

Canción: Agua

 

Dorsal y cartilla para la carrera de Gotas

 Publicado 20-06-2014

PLAN DE CONVIVENCIA

 

No archivo adxunto podedes atopar o Plan de Convivencia do cole aprobado no Consello Escolar do 27 de xuño de 2013, trala introducción do Protocolo Xeral do Acoso Escolar e Ciberacoso da Xunta de Galicia. No documento se recollen as Normas de Organización e Funcionamento sobre conductas leves e gravemente perxudiciais para a convivencia do centro así como as correccións.

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR

O xoves 6 de xuño tivemos no colexio unha charla sobre o "ACOSO ESCOLAR" incuida no PLAN DIECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR, á que asistiron os alumnos de 5º e 6º de Primaria, foi impartida polo inspector Luis Luaces, delegado de Participación Ciudadana, e os alumnos aprenderon e preguntaron moitas cousas, aquí tedes unha mostra.


QUIERO QUE TE QUIERO

 

Guia para pais-nais con claves para unha educación positiva, apreciando o tempo que adicamos a os nos fillo/as para observar a sua conduta e darlle respostas axeitadas. Deixovos o enlace desta publicación. Clica aquí.

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. Aproveitando que nos próximos días celebraremos a "Semana da Prensa", comezamos a actividades lendo as novas sobre o tema nos xornais dixitais.

Ademais, este ano quixemos recordar a "Evolución da Muller nas películas de Disney" e para eso visionamos o vídeo todos xuntos na Biblioteca do Cole:

A continuación, por cursos coloreamos ás protagonistas dos diferentes contos:

Día Internacional da Muller on PhotoPeach

 

Emparellamos cada unha das imaxes co seu nome e coas características que a definen:

Os nosos traballos on PhotoPeach

 

 

 

Fixemos o mural final:

NAVEGA CON RUMBO

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a navegar con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A intención é mentalizar da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe, entre outras, un programa de visitas aos centros escolares onde colexiados/as do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo.

Powered by Drupal - Design by artinet