Relixión

O NOSO HORTO

Os alumnos de 3º e 4º seguimos coidando do noso horto e agora tócanos regar, quitar as malas herbas, etc...
Nestes dias aproveitamos para plantar xeranios e bulbos doutras plantas..

A continuación podedes ver o noso traballo.

                                           

O NOSO HORTO

Os alumnos de 3º e 4º, en clase de relixión, decidimos rematar o tema da Creación coa realización da nosa propia..."O Noso Horto".

Para poder plantar coliflores, rabanitos e leituga contamos coa axuda de Jose,o conserxe. ¡Moitas grazas!!!

Todos os alumnos do colexio están invitados a coidalo,pero a responsabilidade é dos nen@s de 3º e 4º. Esperamos que dentro duns meses poidamos recolle os froitos do noso traballo.

A continuación podedes ver os primeiros traballos. Aos poucos colgaremos o progreso da nosa plantación.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet