O noso auxiliar de conversa americano Joseph ensinounos a celebración que fan o cuarto xoves de Novembro en todos os Estados Unidos. Chámase o Thanksgiving Day e que é unha forma de agradecemento por todo canto temos e que moitas veces non lle prestamos a debida atención: a familia, unha comida sempre no prato, a amizade...
Inglés
Thanksgiving
O pasado xoves celebramos Acción de Grazas na clase de infantil de inglés.
Fixemos un gran pavo que decoramos de plumas dando as grazas por tódalas cousas boas que temos: amigos, familia, colexio...
Se queredes ver as fotos tedes que ir ao blogue de inglés.