Periodicos

FESTIVAL DE ANINOVO

Este ano despedimos o ano vello e damos a entrada ao novo. Para elo xunto coas familias que traerán doces típicos navideños, faremos unha merenda de fraternidade e despois estaremos despedindo este ano coas badaladas presentadas polo alumnado de 5º e 6º. E como remate actuacións musicais de todo o alumnado do colexio. É un día festivo para todos.

Queremos desexarvos un bo Aninovo a todos. 

COMENZAMOS O NOSO VIVEIRO COOPERATIVO

Tivemos a visita da Mancomunidade de Montes de Teis, que colaboramos con eles na reforestación zona con árbores autóctonas. Facemos todo o proceso sementamos, deixamos que crezan un pouquiño, trasplantamos e finalmente van para o monte onde serán árbores adultas. Este ano prantamos nogueiras e carballos.

Obradoiro de Pintura Rupestre

Hoxe tivemos un Obradoiro de Pintura Rupreste, onde o alumnado de 1º e 2º de Primaria participou xunto coa monitora Montse. Aumentaron os seus coñecementos sobre o Neolítico. Ademais poideron pintar como eles pintaban con paus e dedos e crearon unha vela. A experiencia foi moi enriquecedora.

Fixemos doces de Nadal

Hoxe o alumnado de Infantil e 2º de Primaria fixeron galletas. Xunto coas profes Noelia e Rebeca convertíronse en auténticos chefs. O resultado foi espectacular. Agora que se achega o tempo de Nadal todos poideron ter a receita e ver de primeira man a preparación, elaboración das galletas. A clase converteuse nunha aula interdisciplinar onde se empregaron as matemáticas, a psicomotricidade e as linguas xunto co traballo cooperativo.

PARTICIPAMOS NO FARO DA ESCOLA

Este ano participamos no Faro da Escola. Temos cinco meses para redactar o noso xornal. Por as novas máis importantes, escribir e escribir ata encher o noso xornal. Estamos moi ilusionados. Hoxe viñeron dos xornalistas do Faro de Vigo a explicarnos como temos que facer. Comenzamos xa!.

UXÍA GONZÁLEZ GAÑA O 1º PREMIO "CÍES O PARAÍSO DE TODOS"

 A nosa Uxía González de 2º de Primaria acada o 1º Premio do Concurso " Cíes paraíso de todos" organizado polo Concello de Vigo.Presentáronse máis de mil debuxos e poesías e a nosa Uxía acadou o 1º posto. O premio foille entregado o día 9 de Novembro no Auditorio Mar de Vigo. Parabéns para a nosa Uxía estamos orgullosísimos. 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet