Recomendacions literarias

VISÍTANOS APAMP

Poidemos ter unha xornada fenomenal con tres actores da APAMP. Compartimos con eles unha xornada de teatro. Leron e interpretaron un conto realizado por eles. Escribiron e debuxaron todo o libro. Tamén nos cederon un exemplar para a biblioteca. O libro chámase "Elisa no mundo das marabillas". E estivemos xogando xuntos. Agardamos que o vindeiro ano volten a facernos unha visita.

 

Un contacontos.

Hoxe tivemos a visita de Iago López. Encantounos o conto. Quedamos abraiados escoitando as súas palabras. Foi unha experiencia estupenda para tod@s.

 

 

 

VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS DE TEIS

Hoxe visitamos o Parque de Bombeiros de Teis que está preto do colexio. Moitas veces dende a escola escoitamos as sereas de emerxencia e tamén vemos as prácticas que fan subíndose as escaleiras coas mangueiras. Pero hoxe, estivemos aínda máis preto de deles, estivemos nas súas instalacións, aprendemos o que hai que facer en caso de emerxencia, subímonos a un camión, explícáronnos todos os aparellos que leven no camión e que lle facilitan moito a súa labor, e o que máis nos gustou foi botarnos pola cucaña.

  

POXECTO DE VIVEIRO FORESTAL NA ESCOLA DO PARAIXAL.

 

Este proxecto consiste na vinculación do alumnado do Paraixal ao medio natural mediante a aprendizaxe e comprensión dos diferentes pasos que envolven o nacemento e crecemento das arbores, nomenadamente neste caso especies forestais propias do bosque autóctono galego, até o de agora foran sementadas nogueiras, castiñeiros e carballos

Dunha forma esquemática podería-se dicir que os pasos son tres

1º Sementeira de arbores autóctonos en contedores na época adecuada, esperando até o seu nacemento na primavera, unha vez que isto aconteza comenzan os coidados de rega así como o seu traslado a un lugar de mais sombra.

2º Unha vez pasado mais ou menos un ano desde a súa sementeira, as arbores superviventes( tendo en conta que algunhas ficaran no camiño) serán transplantadas a socalcos de terra na parte inferior da escola, a partir de este momento as crianzas terán que coidar novamente as arbores, novamente con o seu rego e agora con o control das herbas e plantas competidoras

3º Unha vez que as arbores alcancen unha altura a volta de un metro, a idea e levar as crianzas o monte veciñal de Teis para que elas propias planten as arbores nunha zona preparada especialmente para eles

Neste momento estamos na fase dous e dicir foran transplantadas as arbores aos socalcos, non en muito tempo o ciclo completo estará en marcha e todos os anos as crianzas sementaran, transplantaran e finalmente plantaran as arbores no seu último destino, o monte veciñal de Teis

Este breve resumo explicativo non estaría completo se non se comentara aínda que superficialmente que a motivación fundamental da existencia da Comunidade de montes de Teis é a conservación e mellora de bosque do bosque autóctono de unha forma ampla, sempre vinculado isto a educación respecto e comprensión das futuras xeracións na vital importancia de cuidarmos do medio ambiente.

  

ALIMENTACIÓN SAUDABEL

Tivemos a visita de Vegalsa que nos veu ofrecer un Menú saudabel ao colexio dentro do programa "Come rico, vive san". O obxectivo é facer futuros  consumidores responsabeis e coñecedores de recetas divertidas.

 

PARTICIPAMOS NA ENTREVISTA CON DAVID AMOR E CELIA FREIJEIRO no FARO DA ESCOLA.

Este luns participamos na entrevista que se lle fixo a David Amor e a Celia Freijeiro no Faro na Escola, que se levou a cabo no Auditorio de Mar de Vigo xunto a máis de mil estudantado de Vigo. Poidemos facerlle as nosas preguntas que previamente foron redactadas e consensuadas nas clases por todos nós.

 

A TELEVISIÓN DE GALICIA VISITOU O NOSO COLEXIO

Hoxe tivemos a visita da Televisión de Galicia. Estaban interesados no proxecto que temos do Horto. Fixeron entrevistas ao alumnado, aos avós e a Comunidade de Montes de Teis. Tamén filmaron como sementamos as patacas xuntos coa axuda dos avós. Saiu dúas veces na televisión no Galicia Noticias e no Telexornal. Aquí tedes as dúas reportaxes feitas.

VER REPORTAXE. 

VER REPORTAXE  A PARTIR DO MINUTO 43.

 

  

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz no noso colexio. Un día para transmitir valores tan necesarios como a tolerancia e o respeto entre as persoas. Sabemos que non pode quedarse nun acto dun só día senón que ten que estar presente todos os días do ano. Así dende este colexio xunto coa Anpa participamos sempre nas xornadas de Igualdade porque nos preocupa moito este problema. 

Hoxe fixemos un mural recortando as nosas mans que simbolizaba a unión de todos e todas, cantamos cancións todos xuntos e fixemos o baile da fitas. Tamén en clase de plástica todo o alumnado fixo medallóns co símbolo da paz.

  

 

 

  

Dragón da Illa Fantasía visita Vigo

Neste Nadal tivemos unha visita moi especial en Vigo, e non nos referimos ao Palpador ou Papá Noel, non. Tivemos a sorte que nos visitou o Dragón da Illa Fantasía. Estivo presente todas as vacacións de Nadal na Biblioteca Pública Juan Compañel. Moitos achegáronse a vela, e dixeron que non viron nada porque a buscaron na entrada, pero outros intrépidos e valentes si deron con ela, non era tan complicado. Graciñas a todos os que vos achegastes e sobre todo aqueles que acadastes o reto que era facerse unha foto con el.

 

      

FESTIVAL DE ANINOVO

O derradeiro día de clase do 2017 celebramos un Festival de Aninovo onde despedimos o ano vello e démoslle entrada ao novo ano. Para elo estabamos moi preparados; tomamos as uvas ou lacasitos, fixemos as badaladas e despois unha gran festa onde cantamos. Tamén moi especial foi a acollida dos pais onde trouxeron doces típicos e que todos saboreamos nunha conviveza moi fraternal. Estamos moi contentos de abrirlle as portas á comunidade educativa e ter sempre unha resposta moi alta e participativa por parte deles.

 

Powered by Drupal - Design by artinet